XVI ASAMBLEA CIDADA, celebrada o 13 de setembro do 2007

Folla informativa do CCEO Coordenador do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, Carmelo Teixeiro,presentou á Asamblea un Informe de Situación, detallando as últimas actividades levadas a cabo:

A creación da bandeira e camisetas co lema “Planta de Gas Fora da Ría”.

A recollida de sinaturas, solicitando non sexa concedida a autorización definitiva a Reganosa, e a presentación delas ante os Organismos competentes.

O peche da veciñanza de Meá no salón de Plenos do Concello de Mugardos, desde o 23 de xullo. Os apoios e solidariedade recebida.

A constitución, no seo do CCE, da Mesa de Traballo, e as reunións da mesma.As varias entrevistas coa administración;

As mobilizacións organizadas, destacando a Manifestación en Mugardos do 29 de xullo, e a marcha a pé Ferrol-Mugardos o 24 de agosto.

Os colectivos mais directamente afectados – os mariscadores – e – os veciños pechados en Mugardos – contribuen a que na vía administrativa se faciliten entrevistas que antes se negaban.Derribados en gran medida os “muros de silencio”, nun análise da situación actual pódese definir como final dunha etapa. Dependendo da concesión ou non da autorización definitiva a Reganosa (que a data de hoxe aínda non está solicitada), e das determinacións que tome a Comisión Nacional de Enerxía, sobre o contrato de ENDESA con Gas Natural, marcharemos cara a resolución positiva do conflicto, ou proseguiremos na loita emprendida no 2001.Aprobouse a folla informativa cara a Manifestación do 30 de Setembro.

Acordáronse as seguintes actividades nas próximas datas:

sábado 15 de Setembro Reparto de follas informativas da manifestación, no Campeonato de España de Triatlón que terá lugar en Caranza.
Desplazamento a Rivadavia, para participar na Manifestación convocada pola a Plataforma Veciñal da Comarca do Ribeiro “
Temos Dereito a Saber” contra da prevista instalación en Carballeda de Avia do “Parque Medioambiental” (a incineradora de lixo mais grande de Galicia, ameaza de contaminación para a poboación e graves perxuizos a agricultura da comarca). Saída do autobús: Edificio de Correos en Ferrol, ás 14 horas. Telf. de reserva: 690612737.

domingo 16 de SetembroReparto de follas informativas no Feirón de Ferrol,
xoves 20 de Setembro Proxección de “O salario do silencio”. ás 20:00 hrs, na Biblioteca Municipal de Pontedeume, organiza: Colectivo Fusquenlla, presentado pola actriz e produtora do documental, Mabel Rivera, e por Enrique Banet, director. Tamén estarán presentes Miguel López (da Asoc. Veciñal Fontelonga), e Luz Marina Torrente (Presidenta da Plataf. de Veciños O Cruceiro de Mehá).
venres 21 de SetembroProxeción pública : “O salario do Silencio”, ás 9 da noite na Praza do Hino Galego en Esteiro.
21 e 22 de Setembro Celebrarase en Esteiro o Festival Fervesteiro, adicado a Loita Cidadá contra REGANOSA, será a pregoeira do Festival Luz Mariña Torrente, presidenta da Plataforma Veciñal “Cruceiro de Meá” e unha das portavoces da veciñanza pechada na Casa do Concello de Mugardos.
sábado 22 de SetembroReunión de intelectuais e artistas, xente das letras e da cultura,ás 12 do mediodía, Salón de Actos da Universidade, Facultade de Humanidades – Campus de Esteiro, para asinar – nun acto aberto ó público e ós medios de comunicación, un manifesto contra o despropósito gasístico de REGANOSA.
domingo 30 de Setembro
Ás 12 do mediodía, MANIFESTACIÓN CIDADÁ, con saída desde o Porto de Ferrol, diante do edificio da Autoridade Portuaria, até a Praza do Concello de Ferrol, baixo o lema “PLANTA DE GAS FORA DA RIA”.

Advertisements
Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán, Convocatorias Comité Cidadán

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: