Cinco semanas

Por Miguel López

(Artigo publicado no Diario de Ferrol)

Marcha a MugardosSon cinco semanas, non son “cinco semanas en globo” como a primeira novela do escritor francés Julio Verne publicada en 1863 hai cento corenta e catro anos. Tampouco é unha ficción, é unha realidade, son cinco semanas nas que as veciñas e veciños de Meá levan pechados no Concello de Mugardos en defensa das súas vidas e das nosas vidas, xa que todas elas están en perigo de maneira innecesaria por un proxecto do que se gaba Fraga Iribarne, ex-presidente da Xunta de Galicia e ex-ministro do réxime ditatorial de Franco, o proxecto de Reganosa en Mugardos, argallado entre o empresario Tojeiro e o propio Fraga Iribarne e que recibiron como un regalo envelenado, e non parece que con desagrado, os actuais máximos mandatarios da Xunta de Galicia o Sr. Touriño e o Sr Quintana.

Cando se produciu o tan desexado cambio de goberno na Xunta de Galicia, se paralizaron proxectos herdados do anterior Goberno como máis encoros para produción de enerxía eléctrica, novos parques eólicos, novos piscifactorías en espazos sensible e mesmo se paralizou durante un tempo a chamada Cidade da Cultura (outro dos proxectos dos que se gaba Fraga Iribarne), pero non se paralizou o proxecto de Reganosa que so tiña iniciado a construción dun depósito en pouco máis de dous metros de altura. ¿ Por que, cando os ciclos combinados de Endesa e Fenosa que é para quen se fai Reganosa e non por qué sexa estratéxica para Galicia, non van funcionar ata o 2008, non se acorda trasladar a Planta de Gas á segunda fase de Porto Exterior de Ferrol, acelerando así a súa demorada construción? Simplemente por covardía política e por confundir o que son intereses das compañías eléctricas, que levan esquilmando Galicia anos e anos e pretendes seguir facendo, co que son os intereses de Galicia que de ningún modo coinciden cos intereses das compañías eléctricas que cada vez obteñen máis beneficios.

Os veciños e veciñas de Mugardos, da parroquia de Meá, están dando un exemplo de como se defende a legalidade e a xustiza ata as últimas consecuencias. Ese exemplo está sendo entendido pola intelectualidade e os/as artistas galegos, moitos deles comprometidos coa desaparecida, a saber por qué, Plataforma Nunca Máis, que lles veñen ofrecendo continuamente o seu apoio. Tamén polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol que xa leva organizado dúas mobilizacións de apoio e de rexeitamento da planta de gas en Mugardos, e que xa está preparando unha mobilización moi importante para o 30 de setembro en Ferrol.

Reganosa ten dúas sentenzas do TSXG en contra , non ten avaliación de impacto medio ambiental, non cumpre o RAMINP en canto á distancia que debe manter ás poboacións que é de 2000 metros como acaba de dicir o TSXG con respecto da EDAR de Ourense e que deberá ser derrubada. Reganosa non cumpre a norma de que un gaseiro poida saír da Ría de Ferrol polos seus propios medios. Reganosa xa sufriu un incendio, que durou dous días, nun dos seus tanques na súa construción e acaba de ter un escape nun dos gasoductos. Reganosa é ilegal e é perigosa e debe ser trasladada fóra da Ría como veñen defendendo desde hai cinco semanas, nun exemplo de dignidade e coherencia, polos homes e mulleres de Méa .

Agora que se está a debater a necesidade de que se aprenda o Himno Galego nas escolas, haberá que debater tamén a ensinanza da defensa da verdade, da legalidade, da xustiza e da vida, tomando como exemplo ós homes e mulleres de Mugardos que loitan pola Planta de Gas fóra da Ría de Ferrol. Seguramente nin eles e nin elas serán conscientes do que están facendo pero que teñan a seguridade de que “ os bos e xenerosos a súa voz entenden” e “ so os iñorantes e féridos e duros, imbéciles e escuros non os entenden non”.

Desde a Asociación Veciñal de Esteiro “ Fontelonga”, tedes o noso total apoio.

Advertisements
Explore posts in the same categories: Noticias / Novas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: