Manifesto de artistas e intelectuais contra Reganosa 22 setembro en Ferrol

SÁBADO, dia 22, ás 12 horas, na Facultade de Humanidades (Campus de Esteiro), en Ferrol, asiste ó acto simbólico e público da firma do manifesto, no que participarán unha serie de persoas vinculadas ós eidos artísticos e intelectuais.

 

¡Participa, difunde e acude!

MANIFESTO DE ARTISTAS E INTELECTUAIS CONTRA DA PLANTA DE GAS NA RÍA DE FERROL E APOIO Á MANIFESTACIÓN DO DÍA 30 DE SETEMBRO DE 2007.

Área destrucción ReganosaOs que abaixo asinan, manifestan o seu total desacordo coa ubicación da planta de gas natural licuado dentro da pequena e angosta Ría de Ferrol. Unha planta de gas que Reganosa está construíndo -sen ter acreditado que cumpre coa lexilación vixente- nas proximidades de núcleos de poboación que suman máis de 100.000 habitantes, cuxa vida quedaría ameazada en caso de entrar en funcionamento. Igualmente, a súa presencia suporía un risco permanente, xunto ó engadido polo complexo petroquímico chamado “Forestal del Atlántico S.A.” e a entrada de buques gaseiros cargados de GNL, cuxa ruta de navegación pasaría a escasa distancia da poboación e do arsenal naval militar.

Igualmente, no caso de entrar en funcionamiento, Reganosa ameazaría a riqueza natural da Ría, que é o medio de vida de preto dun milleiro de mariscadores. Así mesmo, seria un grave obstáculo para a declaración de Patrimonio da Humanidade, proposta para os castelos e arsenais, ademas de provocar perdas no patrimonio histórico e na potencialidade turística.

Os abaixo asinantes denunciamos que é imposible que Reganosa poida cumprimentar os condicionados impostos na autorización da súa construcción, en canto a distancias de seguridade respecto das poboacións próximas e para unha saída de urxencia dos buques gaseiros, co cal non estarían salvagardadas nin as persoas nin os seus bens.

Por todo isto, manifestamos:

1. A nosa petición de que sexan retiradas tódalas denuncias que afectan ós traballadores do mar, na Ría de Ferrol, implicados neste proceso da súa defensa e en contra da ubicación da planta de gas de Reganosa.

2. O noso total desacordo coa ubicación da planta de gas natural licuado no interior da Ría de Ferrol. Asimesmo, solicitamos ó goberno da Xunta de Galicia que recupere o Porto Exterior como espacio axeitado para a instalación da Planta de gas, prevista nese lugar dende o ano 1994.

3. O noso apoio á manifestación que terá lugar en Ferrol o próximo día 30 de setembro, en protesta pola existencia dunha planta de gas nun lugar totalmente inadecuado e a nosa solicitude ás autoridades competentes de que non aproben a acta de explotación comercial ou de funcionamento definito de Reganosa, do mesmo modo que pedimos a reconversión do complexo petroquímico de Punta Promontoiro, por ameazar a vida da poboación e a riqueza marisqueira da Ría.

Advertisements
Explore posts in the same categories: Convocatorias Comité Cidadán, Noticias / Novas

6 Comentarios o “Manifesto de artistas e intelectuais contra Reganosa 22 setembro en Ferrol”


  1. A RÍA NON É DE REGANOSA!!
    NON A DESTRUCIÓN CAPITALISTA!!


  2. […] Cidadán. Pincha aquí. « BBVA y Caixa Galicia encabezan el consorcio que financió la regasificadora […]

  3. jaime Says:

    Un pantalan para descarga de gas licuado en el centro de la ría de Ferrol. Entre las poblaciones de Mugardos y Fene. Al lado de un complejo petroquimico. Frente a un Arsenal, una base militar, un astillero que construye y repara barcos de la OTAN, y la ciudad de Ferrol es DEMENCIAL.


  4. […] Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol « Manifesto de artistas e intelectuais contra Reganosa 22 setembro en Ferrol […]


  5. […] Cidadán. Pincha aquí. « El Congreso da su respaldo a la ampliación de Reganosa […]

  6. O Ribeiro Says:

    Dende O Ribeiro os veciños do foro ” Temos dereito a saber ” queremos mostrar a nosa solidaridade co comite e veciños da ria de Ferrol e confirmaros que o 30 de setembro asistiemos a manifestación.

    PLANTA DE GAS FORA DA RIA


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: