FIRMA DO MANIFESTO DE INTELECTUAIS E ARTISTAS

Organizado polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, celebrouse hoxe sabado 22 de setembro, ás 12 horas, no salón de actos do Vicerreitorado do Campus Universitario de Ferrol, o acto de firma do Manifesto de artistas e intelectuais contra da Planta de Gas no interior da ría de Ferrol e de apoio á manifestación do 30 de setembro.Foi presentado polos membros do CCE:
Eliseo Zaera, Lupe Ces, Rosa Méndez, LuzMarina Torrente e Carmelo Teixeiro, que desenvolveron nas súas intervencións os tres puntos do manifesto:

1. A nosa petición de que sexan retiradas tódalas denuncias que afectan ós traballadores do mar, na Ría de Ferrol, implicados neste proceso da súa defensa e en contra da ubicación da planta de gas de Reganosa.

2. O noso total desacordo coa ubicación da planta de gas natural licuado no interior da Ría de Ferrol. Asimesmo, solicitamos ó goberno da Xunta de Galicia que recupere o Porto Exterior como espacio axeitado para a instalación da Planta de gas, prevista nese lugar dende o ano 1994.

3. O noso apoio á manifestación que terá lugar en Ferrol o próximo día 30 de setembro, en protesta pola existencia dunha planta de gas nun lugar totalmente inadecuado e a nosa solicitude ás autoridades competentes de que non aproben a acta de explotación comercial ou de funcionamento definito de Reganosa, do mesmo modo que pedimos a reconversión do complexo petroquímico de Punta Promontoiro, por ameazar a vida da poboación e a riqueza marisqueira da Ría.

Explicando tamén os pormenores da organización da Manifestación que se celebrará en Ferrol o domingo, 30 de Setiembre e invitando a toda Galicia á participación.Tras a lectura do nome dos 200 intelectuais e artistas que xa asinaron o seu apoio a este manifesto, púxose fin ó acto coa firma simbólica dos presentes.

Comité Cidadán de Emerxencia

MANIFESTO DE INTELECTUAIS E ARTISTAS CONTRA DUNHA PLANTA DE GAS NO INTERIOR DA RÍA DE FERROL E APOIO A MANIFESTACIÓN DO DIA 30 DE SETEMBRO DE 2007.

Relación de Asinantes

Advertisements
Explore posts in the same categories: Boletíns - Manifestos, Noticias / Novas

4 Comentarios o “FIRMA DO MANIFESTO DE INTELECTUAIS E ARTISTAS”


  1. […] Cidadán. Pincha aquí. « Una red gasística propia, estratégica para la comunidad […]

  2. jaime Says:

    De Forestal hay que sacar las tóxicas y peligrosas lo antes posible y recordar que la concesión tiene fecha de caducidad por lo que se debe de empezar a buscar nueva ubicación en sitio seguro. Si se hubiera atajado a tiempo no tendríamos una “diana” en el centro de la ría. Reganosa ya está solicitando duplicar su capacidad cuando aún está en pruebas; no quiero pensar lo que solicitará si, por intereses “estratégicos”, le dan permiso de explotación.

  3. Adela Figueroa Says:

    O meu apoio á vosa luita.
    Quixera receber a listaxe dos /as asinantes.
    Unha aperta,
    Adela Figueroa

  4. está bem a iniciativa, pero... Says:

    por que esse rolho com os “intelectuais” e os “artistas”? E o que digam os demais nom é importante?


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: