MANIFESTACION

mani30907d.jpg

O Comité Cidadán de Emerxencia valora positivamente a resposta dada pola cidadanía galega, cuantificada en 10.000 persoas, que asistiron á convocatoria feita por este Comité para a manifestación de hoxe. Ó acto asistiron diversas representacións políticas, sindicais, culturais e colectivos de diversos puntos de Galicia que tamén están loitando por problemáticas específicas das zoas nas que viven e que se solidarizaron con CCE.O final do acto, leu o manifesto Monsterrat Garel en representación do CCE, no que caben destacar os seguintes puntos:

  1. Esixir ó Goberno Central, que ten competencias para decidir, que non lle sexa concedida a Acta de Funcionamento Definitiva a Reganosa, polo incumprimento dos condicionados legais de seguridade.
  2. Esixir a Xunta de Galicia que a Planta de Gas sexa trasladada ao Porto Exterior.
  3. Esixir ó Concello de Ferrol para que acorde dirixirse ao Tribunal Supremo, a fin de que faga firme a sentencia favorable aos cidadáns de Ferrol.
  4. Esixir ó Delegado do Goberno que retire as denuncias dos traballadores do mar orixinadas pola defensa da vida, da Ría e da legalidade.
  5. Esixir ó Alcalde de Mugardos que anule a Licencia de actividade de Reganosa.

Rematouse a lectura do manifesto coa seguinte idea: “É hora de que os organismos competentes poñan fin ao perigo que supón Reganosa. É o momento de que unha decisión administrativa ou política non autorice o funcionamento, pois é imposible que Reganosa cumpra os condicionados. Aínda estamos a tempo de evitar unha catástrofe con miles de víctimas.”Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.

Advertisements
Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán, Convocatorias Comité Cidadán, Noticias / Novas

One Comment o “MANIFESTACION”


  1. […] Nota posterior: a manifestación de hoxe, un gran éxito do conxunto da cidadanía e das asociacións participantes. Ler máis. […]


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: