A cidadanía rexeita a entrada do 8º gaseiro a Reganosa.

Hoxe 7 de outubro , convocada polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, a cidadanía manifestouse unha vez mais, rexeitando a entrada de buques gaseiros a Reganosa.  

Unha vez mais, en desprezo da normativa legal de seguridade, un buque – O LNG Cross River – cargado con 135.000 m3 de GNL pon en perigo as nosas vidas cara unha Planta ilegal e perigosa, á que non lle é posible cumplir , dada a súa ubicación, a legislación vixente nesta materia, e que prosigue – nun estrano e prolongado período de probas –  a súa ilegal e perigosa actividade,  coa tolerancia e complicidade das autoridades cuxa obriga sería velar pola seguridade dos cidadáns e pola riqueza da Ría e o seu entorno. 

Unhas 300 persoas congregáronse no porto de Curuxeiras para facer, como en anteriores ocasións,  unha sonora protesta e trasladarse logo, nunha caravana de máis de medio cento de vehículos, ate as inmediacións da Planta, en Punta Promontorio onde mantiveron a protesta perante o atraque do buque. Posteriormente a caravana automovilística percorreu a vila de Mugardos, rematando nunha visita ós veciños e veciñas pechados no Concello hai más de 75 días. 

Visita de solidaridade e de pronunciamento en contra dos actos vandálicos que esta veciñanza está a sofrir, como a bomba que estoupou hai poucos dias ou a queima da pancarta na fachada da Casa Consistorial esta mesma madrugada. 

¡¡¡PLANTA DE GAS FORA DA RIA.!!! 

Comité Cidadán de Emerxencia.

Advertisements
Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: