Precintada a planta de gas de Brindisi (Italia), e suspendido o Decreto de Aprobación.

Segundo noticia da Axencia REUTERS (MILAN, 6-10-2007), o Goberno italiano SUSPENDEU o decreto de aprobación da planta de gas licuado (GNL) de Brindisi, polos incumprimentos das Directivas europeas e da lexislación italiana de seguridade.
Existe un claro paralelismo de accións políticas corruptas e incumprimentos legais coa planta de GNL de Mugardos que merece ser tido en conta polos nosos gobernos (autonómico e nacional).

No caso de Brindisi son as primeiras autoridades, Provincial e Municipal, as que convocan e encabezan as manifestacións en contra da instalación da Planta. As mesmas que eiquí tentan convencernos de que “non pasa nada” e as que en troques de velar pola seguridade dos cidadáns, pola riqueza da ría, pola conservación dos postos de traballo da pesca e o marisqueo, están máis preocupadas de protexer os intereses económicos dun grupo privado de empresas.

En Italia, tralo rexeitamento dos cidadáns, en referendo, da instalación dunha Planta regasificadora na bahía de Venecia, surxe, no 2001, o proxecto de Brindisi, onde as compañías British Gas (Reino Unido) e Enel Trade (Italia), planifican a construcción dunha planta de almacenaxe e regasificación de GNL, no porto de Brindisi. As Asociacións de Veciños, Culturais, Ecoloxistas, Traballadores do Mar, e o propio Concello de Brindisi e o Governo Provincial de Puglia, recorren a autorización de construcción ante o Goberno Central, ante os Tribunais e ante Europa, fomentando unha forte campaña de concienciación e movilizacións.Actualmente o único accionista e British Gas, trala adquisición da participación de Enel Trade.

Varios altos cargos da compañía inglesa e o anterior Alcalde de Brindisi están arrestados mentras se desenrola unha investigación policial por sospeita de suborno.

Agora vense a demostrar que esta planta, o mesmo que a de Punta Promontorio, incumple a Directiva Seveso II, non se tiña feito a Avaliación de Impacto Ambiental, non se consultou a veciñanza, e tamén é rexeitada polos pescadores polos vertidos de auga de mar tratada con hipoclorito sódico. Ameaza tamén os núcleos de poboación. Supón un grave deterioro do potencial turístico e arqueolóxico. E agrávase no caso de Reganosa polo perigoso tránsito de buques gaseiros o longo da bocana e interior da nosa Ría e a imposibilidade de saida a mar aberto polos seus propios medios, caso de emerxencia.
O precintado da planta de Brindisi e a revocación de autorización por parte do Goberno de Italia, supón o éxito das movilizacións cidadáns na defensa das suas vidas, o seu entorno e o desenrolo sostenible.

Asemade ven demostrar que os esforzos levados a cabo polo Comité Cidadán de Emerxencia, as Entidades que o integran, e os cidadáns que con él participan, levaranos a facer realidade o noso lema:

¡¡¡ PLANTA DE GAS FORA DA RIA!!!

Comité Cidadán de Emerxencia

Mais información:

www.f-cape.org

Arquivos Ártabros

Advertisements
Explore posts in the same categories: Noticias / Novas

Etiquetas:

You can comment below, or link to this permanent URL from your own site.

2 Comentarios o “Precintada a planta de gas de Brindisi (Italia), e suspendido o Decreto de Aprobación.”


  1. […] menos que diecisiete kilómetros de la costa adriática, ante la negativa de la ciudad italiana de Brindisi a tenerla al […]


  2. […] a nada menos ca dezasete quilómetros da costa adriática, ante a negativa da cidade italiana de Brindisi a tela a […]


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: