4 de Novembro : Todos/as (en autobus) a Corrubedo !!!!

CONVOCAN: ADEGA, Plataforma Medioambiental de Corrubedo,Plataforma Veciñal en Defensa do Patrimonio Cultural de Quilmas(Carnota), Plataforma pola Defensa do Litoral de Seráns (Porto doSon), Comisión de Propietarios/as Laxe Brava (Teira-Corrubedo),Plataforma Veciñal Xove-Lago, Plataforma Veciñal de Merexo (Muxía),Plataforma de Afectados/as de Arou (Camariñas), Plataforma deAfectados/as de Oia, Plataforma de Afectados/as de Foz, Agrupaciónde Mariscadoras/es de Corcubión, Cooperativa de Mergulladores/asda zona 5ª, Delegacións da Coruña e Lugo do Colexio deArquitectos/as de Galiza.

ATÉ AQUÍ CHEGHAMOS COS PEIXES PLANOS

NON AO PLANO ACUÍCOLA DA XUNTA!!

MANIFESTACIÓN NACIONAL EN CORRUBEDO

4 DE NOVEMBRO, ÁS 12:00 DA MAÑÁ,

NO PORTO DE CORRUBEDO

Sairá un autobus de Ferrol  (Praza de Galicia – Correos) ás 9,15 h.

Premer para ler o Manifesto

MANIFESTO

Dende as terras galegas que mollan os salseiros atlánticos, aquelasque bican o mar dende A Guarda a Ribadeo, os movementos sociaisgalegos, xentes con amor polo noso, chamamos a Galiza enteira aerguerse connosco nun berro colectivo contra o Plano Acuícola daXunta. Consideramos que este plano sectorial constitúe unha traizón ao povogalego por parte dos seus gobernantes, pois pretende enaxenar omellor do noso litoral para alimentar os insaciábeis bandullos dastransnacionais do peixe. Esta ocupación masiva da beiramar de máisde 3 millóns de metros cadrados é unha sentenza de morte contra asnosas praias e cantís, unha violación das nosas máis sobranceiraspaisaxes, unha insustentábel hipoteca para os recursos ambientais eeconómicos autóctonos, e unha legalización encuberta dacontaminación salvaxe do mar. Peixes planos nas piscinas… eencefalogramas planos nos despachos. ATÉ AQUÍ CHEGHAMOS porque o Plano Acuícola é inxusto eindecente no eido ambiental. Millóns de metros cadrados de litoralliberado poden ficar para sempre soterrados baixo o formigóntransnacional. As macrofábricas de peixe agreden directamente unhachea de espazos naturais, moitas veces integrantes –ou lindantes–cunha Rede Natura 2000 da que depende a sustentabilidade dosnosos recursos. Resulta tendencioso pretender que instalaciónsindustriais de ducias de hectáreas e sen ningún sistema dedepuración non vaian impactar sobre o ecosistema mariño e terrestrepor situarse da outra beira ou no límite dun espazo protexido. ATÉ AQUÍ CHEGHAMOS porque o Plano Acuícola é inxusto eindecente no eido social. A Xunta pretende agasallar ás empresascon aquilo que as galegas e os galegos sempre conservamos. Velaí onoso castigo. Queren, ao cabo, facer unha expropiación salvaxe dolitoral. O Plano ataca de cheo ás áreas costeiras que sempre estiveronliberadas das agresións industriais e urbanísticas. Son o pouco quenos queda, e non estamos dispostos a que caian nas mans deempresas depredadoras. O Plano foi consensuado coas empresasdesprezando a opinión do pobo, no que en último caso reside asoberanía do país. Sen nós, non hai Plano. ATÉ AQUÍ CHEGHAMOS porque o Plano Acuícola é inxusto eindecente no eido económico. A acuicultura en terra só representao 1,8% da actividade do sector en Galiza. Falar do carácterestratéxico do plano sectorial é enganar ao pobo, pois só resposta ásnecesidades dunha mínima parte do sector esquecendo –e mesmopoñendo en perigo– a achega, esta si estratéxica, da acuicultura aflote e dos parques de cultivo marisqueiro, que ocupan a máis de10.000 persoas, fronte ás 520 da acuicultura en terra. Expropiar aopobo para beneficiar a empresas que en moitas ocasión nin sequeraestán no tecido económico do país é unha actitude colonialista. Estasmacroplantas van esnaquizar a costa, non van xerar nin de lonxe oemprego que din e van recibir case 400 millóns de euros desubvencións públicas, que deberían ser investidos na valorización dosnosos recursos naturais e na creación de actividades produtivassustentábeis ao redor dos nosos espazos protexidos. ATÉ AQUÍ CHEGHAMOS COS PEIXES PLANOS, chamamos ásgalegas e aos galegos a berrar connosco no Porto de Corrubedo, o4 de novembro de 2007 ás 12:00 da mañá, contra estaaberración ambiental, social e económica á que nos quere condear aXunta.

Advertisements
Explore posts in the same categories: Noticias / Novas

2 Comentarios o “4 de Novembro : Todos/as (en autobus) a Corrubedo !!!!”

  1. chuza.org Says:

    4 de Novembro : Todos/as a Corrubedo !!!!

    Dende as terras galegas que mollan os salseiros atlánticos, aquelasque bican o mar dende A Guarda a Ribadeo, os movementos sociaisgalegos, xentes con amor polo noso, chamamos a Galiza enteira aerguerse connosco nun berro colectivo contra o Plano Acuí…


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: