Con nocturnidade : Perigo real

ckoutbro034.JPG 

Hoxe 16 de Outubro, seguindo a convocatoria do Comité Cidadán de Emerxencia, unhas 300 persoas concentráronse no Peirao de Curuxeiras a partir das 19 horas, agardando o segundo intento de entrada, nesta xornada, do 9º buque gaseiro que arriba a Reganosa – o “Cádiz Knusten” que, cargado de 138.000 m3 de GNL, foi recibido cunha sonora e longa protesta. 

Unha vez mais, este Comité Cidadán, quere facer púbrica denuncia do perigo a que se está a someter á poboación de Ferrolterra coa ubicación da planta no interior da Ría e o tránsito por ela, o pé das nosas casas e das nosas vidas, dunhos gaseiros que xamais cumplirán os condicionados de seguridade. 

Nesta ocasión, fracasado o primeiro intento polas condicións climatolóxicas – cunha visibilidade de 1000 metros por debaixo do normativo – e sin que os modernos medios de auxilio a navegación, subministrados por Reganosa nún alarde mediático,  lles foran suficientes,  forzaron temerariamente o segundo intento, en condicións de calado extremo e nocturnidade, o límite do establecido na normativa de navegabilidade, co consentimento e complicidade da Autoridade Portuaria. 

Novamente este Comité Cidadán reafírmase na necesidade de seguir loitando – con tódolos medios legais ó noso alcance –  pola nosa vida, o noso patrimonio e a riqueza da Ría de Ferrol. 

¡ PLANTA DE GAS FÓRA DA RÍA!

Advertisements
Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán

Etiquetas: , ,

You can comment below, or link to this permanent URL from your own site.

One Comment o “Con nocturnidade : Perigo real”

  1. chuza.org Says:

    Con nocturnidade : Perigo real

    Nesta ocasión, fracasado o primeiro intento polas condicións climatolóxicas – cunha visibilidade de 1000 metros por debaixo do normativo – e sin que os modernos medios de auxilio a navegación, subministrados por Reganosa nún alarde mediático,…


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: