XVII ASAMBLEA CIDADÁ: 9 de Novembro.

A tódalas entidades cidadáns e persoas,

integradas na Asamblea Cidadá de Ferrolterra 

XVII ASAMBLEA CIDADAN

VENRES, 9 DE NOVEMBRO DE 2007, 

ás 19,30 horas, no ATENEO FERROLAN 

ORDE DO DÍA Punto único.-  Informe de situación.  

A finais de setembro Reganosa deu por finalizadas as obras e solicitou o acta de posta en servizo.

Por primeira vez para unha Planta de Gas, o Ministerio de Industria  está pedindo un terceiro informe ós organismos que xa foran consultados anteriormente da autorización de construcción.
 

Nos últimos meses a administración central aceptou  a nosa proposta, que desde hai máis dun ano viñamos facendo, de solicitar novos informes ós organismos que foran consultados anteriormente, para que digan se Reganosa ten resoltos os condicionados dos seus informes, entre outros as distancias suficientes ata a poboación e a saida o mar aberto dos gaseiros en caso de emerxencia durante a descarga en Punta Promontoiro ou no seu tránsito polo interior da Ría Por ilo desde o CCE remitíronse senllos escritos a Dirección Xeral de Urbanismo da Xunta, Autoridade Portuaria de Ferrol, Ministerio de Defensa e a Comisión Nacional da Enerxia, organismos que poñeran máis condicionados, para que verifiquen se Reganosa, logo de que ten solicitada o acta de posta en servizo, ten resoltos ou cumprimentados os devanditos condicionados.Dado que a Administración Central aceptou revisar os condicionados impostos a Reganosa, e que algunos son imposibles de resolver coa sua ubicación dentro da Ría de Ferrol, abrigamos serias esperanzas que non se lle sexa aprobada o acta de posta en servizo ou de funcionamento definitivo.

Advertisements
Explore posts in the same categories: Convocatorias Comité Cidadán

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: