Acta de Funcionamento de Reganosa

Coñecida a concesión pola Area de Industria e Enerxía do Ministerio, en A Coruña,  da Acta de Funcionamento a Reganosa, convocouse reunión da Mesa de Traballo do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.Agardando o posicionamento oficial do Comité, publicamos a valoración persoal do compañeiro Carmelo Teixeiro:  En relación coa noticia de hoxe nos medios, no sentido de que a Reganosa lle foi aprobado a acta de posta en servizo definitivo, considero conveniente facer público o seguinte:

Desde xuño de 2006 vimos expondo ao Ministro de Industria que revise os condicionados impostos a Reganosa na autorización de construción de 13 de febreiro de 2004, algúns imposibles de resolver coa súa localización dentro da Ría de Ferrol. Un deles é o das distancias suficientes ata a poboación segundo require o articulo 12 da Directiva Sevexo II transpuesta ao Real Decreto 1254/99, que en España ten como mínimo a distancia de dous quilómetros segundo o RAMINP. Outro condicionado tamén imposible de resolver é o da saída ao mar aberto dos buques gaseros en caso de urxencia durante a descarga.


Ao longo do ano 2007, con escritos e entrevistas, (Delegado do Goberno, Director da área de Industria e Enerxía da Coruña, Ministro de Industria) solicitóuselles que a Reganosa non lle sexa aprobada o acta de posta en servizo definitiva. En agosto unha representación do CCE tivo unha entrevista en Madrid con representantes da Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas, na que estes se comprometeron a solicitar novos informes aos organismos que foran consultados anteriormente, a fin de que manifestasen se consideraban resoltos os condicionados na construción de Reganosa.


A finais de setiembre Reganosa deu por finalizadas as súas obras e solicitou o acta de posta en servizo. O Ministerio de Industria, por primeira vez nun expediente de Planta de Gas, solicitou un terceiro informe aos organismos anteriormente consultados, entre eles ao Ministerio de Defensa, Dirección Xeral de Urbanismo, Autoridade Portuaria de Ferrol e Comisión Nacional de Enerxía, a todos os cales o Comité Cidadán á súa vez envioulles senllos escritos en relación cos seus condicionados que están sen resolver. Por iso a noticia sorprende en primeiro lugar porque é precipitada e inxustificada.


O Ministerio de Industria, competente para denegar a Reganosa o acta de posta en servizo definitivo, ten á súa disposición unha forma de resolver o problema sen ter que pagar indemnizacións aos seus promotores, pola falta de cumprimento por Reganosa das distancias suficientes ata a poboación e a saída ao mar dos buques gaseros en caso de urxencia, requisitos que esixe a Lei de Hidrocarburos e que foron trasladados en forma de condicionados á autorización de construción de 13 de febreiro de 2004. Ao dar por finalizadas as obras Reganosa sen cumprimentar tales requisitos, coa lei na man a planta de gas de Reganosa non pode entrar en funcionamento definitivo nin formar parte do sistema gasista.


Comunicamos ao Ministerio de Industria e á Comisión Nacional de Enerxía, que temos coñecemento de que a Planta de Gas de Reganosa non é necesaria para Galicia nin para os tres ciclos combinados construídos, dous por Endesa e un por FENOSA, os cales non traballarán a mais do 25% da súa capacidade, porque non existen redes eléctricas para exportar o 100% da súa capacidade para producir electricidade. É dicir, que o gas natural que chega por gasoduto a Galicia é suficiente para atender a demanda e a Planta de Gas de Reganosa non é necesaria nin estratéxica.


O Ministerio de industria non debe ceder ás presións de Endesa, FENOSA, Caixa Galicia e Xunta de Galicia, preocupadas polos seus investimentos na Planta de Reganosa. A Administración debe ter en conta o maior valor da vida da poboación. De confirmarse a noticia, seria lamentable constatar que o Ministerio de Industria non aproveite a oportunidade legal que ten para resolver o problema de Reganosa.

Cando se trata de paralizar a ameaza que Reganosa supón para a vida humana e para o medioambiente na Ría de Ferrol, a vía administrativa nunca se pode dar por terminada e, antes de que ocorra unha catástrofe con miles de victimas, un goberno responsable terá que tomar a decisión de paralizar a actividade de Reganosa. Esa decisión pode ser tomada pola Administración, por se mesma ou obrigada por unha decisión xudicial nos contenciosos abertos. A diferenza en diante estará é que a paralización de Reganosa terá custos para todos os contribuíntes porque ese acta de posta en servizo dálle dereito a percibir retribucións e custear todo o investimento con diñeiro achegado por todos os consumidores de gas.


Por iso nos próximos días procede dirixirse ao Ministerio de Industria para que revogue a decisión da área de Industria e Enerxía da Coruña, se é que aprobou o acta de posta en servizo definitivo de Reganosa sen ter en conta os condicionados imposibles de resolver por Reganosa e que ésta non ten acreditado o seu cumprimento.
 Ademais en próximas semanas presentaremos en Bruxelas unha nova denuncia por vulneración da Directiva Seveso II polo feito de que a Planta de Reganosa estea en funcionamento.


Carmelo Teixeiro

Advertisements
Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: