XVII Asamblea Cidadá

 Onte, venres 9 de Novembro, celebrouse nos locais do Ateneo Ferrolán, a XVII Asamblea Cidadá, unha das de maior asistencia, onde concurriron os representantes das entidades integradas no Comité Cidadán de Emerxencia e moitas persoas a título particular.  

Carmelo Teixeiro, Coordinador, Luz Marina Torrente, Presidenta da Plataforma de Veciños “O Cruceiro de Meá”, e Manuel Rodríguez Carballeira, membro do Comité,  fixeron un pormenorizado analise da situación actual, enriquecido nun amplo debate con numerosas e interesantes intervencións.  O Informe de situación, ven a decir – en síntese – o seguinte:  

O pasado 7 de setembro, a Directora en funcións do Area de Industria e Enerxía de A Coruña aprobou o Acta de posta en servizo de Reganosa.  

O Acta non esgota a vía administrativa, e contra ela cabe recurso de alzada ante a Delegación do Goberno. É importante suliñar que se este acta resultase anulada Reganosa non podería funcionar nin ser retribuida polo sistema gasista ó non ter cumplimentados os requisitos e condicionados que se lle esixían na autorización de construcción. Pola contra, se o Acta se fixese definitiva, e a actividade da Planta fose paralizada, por sentencia dos procesos xudiciais en curso, pola súa inviavilidade económica ou pola ameaza constante que supón á poboación e a sostenibilidade da Ría, nese caso, os promotores si terían dereito a ser imdenizados xa que contarían coa autorización expedida polo Goberno Central. E tal indemnización correría a cargo de tódolos cidadáns.  

Logo de discutir diversas propostas, acordouse o seguinte:  

Interpoñer Recurso de Alzada ante a Delegación do Goberno, para que o Ministerio de Industria anule ou revogue a decisión do Area de Industria e Enerxía de A Coruña de autoriza-lo Acta de Posta en Servizo de Reganosa, aprobada sen ter en conta os condicionados imposibles de resolver, en canto a distancias a poboación e saída de urxencia dos buques gaseros.  

Convocar a cidadanía e as entidades integradas na rede “Galiza non se vende” a unha próxima movilización en data a determinar polo Comité.  

Presentar o vindeiro 29 de Novembro, ante a Comisión Europea en Bruxelas, unha nova denuncia  polo feito de que a Planta de Reganosa estea en funcionamento vulnerando a Directiva Europea “Seveso II”. Unha delegación do Comité desplazarase a tal fin a Bruxelas

Continuar con mais intensidade as actividades emprendidas en tódalas vias de actuación: Administrativa, mediática, xudicial e de concienciación e movilización, a fín de que a Planta de Gas de Reganosa sexa paralizada antes de que poida ocorrer un accidente grave con milleiros de víctimas.  

No transcurso da Asamblea, Luz Marina Torrente, portavoz da Plataforma “O Cruceiro de Meá”,  comunicou a decisión da veciñanza,  de remata-lo peche no Concello de Mugardos, cando se cumplen 110 días, para continua-la oposición a Planta a través de tódalas actividades e movilizacións emprendidas polo Comité Cidadán de Emerxencia, no que desde sempre están integrados. Convocando, por este motivo, a unha Asamblea Aberta a celebrar no salón de plenos do Concello, este sábado día 10. Os veciños e veciñas de Meá, recibiron a través da sua portavoz, o apoio e agradecemento da Asamblea Cidadá, emotivamente expresado.

Advertisements
Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: