Recurso de alzada do CCE

O Comité Cidadán de Emerxencia (CCE)  presentará un re­cur­so de alzada contra o Acta de posta en servizo de Rega­nosa. Acta que non esgota a vía administrativa, e que non é definitiva.  A Directora provisional (o titular segue de baixa por enfermidade) da Área de Industria da Delegación do Goberno en A Coruña, o sete de novembro, ven de asinar, nunhas circunstancias sospeitosas, o acta de posta en servizo de REGANOSA.

Ese acta é un cheque en branco para que os accionistas de REGANOSA poidan recupera-los seus investimentos, tamén para percibir indemnizacións, aínda que posteriormente sexa paralizada pola Administración ou por decisión xudicial. O Tribunal Supremo en Madrid ten pendente confirmar dúas sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que anulan a falsa tramitación ambiental.

As autoridades competentes saben que é imposible que Reganosa poida cumprimentar os condicionados impostos na súa autorización de construcción: distancia suficiente ata as poboacións, e  garantir a saída ó mar dos gaseros en caso de emerxencia. A isto, engádense os escándalos financeiros coa compra por Reganosa de terreos con plusvalías do 1.550 %. A pesar de tales circunstancias a Xunta de Galicia segue apostando pola defensa dos investimentos, sen ter en conta a vida da poboación, a riqueza marisqueira e o interese xeral de Galicia, como é a súa obriga.

O Comité Cidadán de Emerxencia presentará un recurso de alzada ao Delegado do Goberno, para que o Ministerio de Industria anule  a devandita acta de posta en servizo, e para continuar a vía administrativa, coas conversacións iniciadas no mes de agosto, a fin de que a Reganosa non lle sexa aprobada a acta de funcionamento.

Tamén unha delegación do CCE ira a Bruxelas a finais de novembro, con axuda do Grupo Europeo de Esquerda Unida, para presentar unha denuncia porque Reganosa vulnerou reiteradamente a directiva europea Seveso II. Así mesmo o CCE seguirá promovendo mobilizacións para continuar a loita contra a ameaza de Reganosa e para que os responsables políticos implicados cumpran e fagan cumprir a lei, segundo o mandato constitucional co que aceptaron o seu cargo.

Ferrolterra 13 de novembro de 2007

 

Advertisements
Explore posts in the same categories: Boletíns - Manifestos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: