MORTAL EXPOLSION DE GAS EN ARABIA

A xa longa lista de vítimas mortais, producidas nos últimos anos, por accidentes ocorridos na contorna das Plantas de Gas, increméntase esta seman con 28 mortos, 12 desaparecidos e un considerable número de feridos, entre os traballadores da Compañía Saudí ARAMCO, a maior operadora gasística de Arabia, ao explotar e incendiarse un gaseoducto nas proximidades da Planta de Hawiya, unha das principais do pais, mentres efectuaban operacións de mantemento.   

Do comunicado oficial da Compañía, a nosa prensa destaca: “que se están a tomar as medidas necesarias para garantir a continuidade do suministro”.  

Esta frase de “as medidas necesarias” sóanos moi coñecida na comarca de Ferrol. É a que empregan as nosas Autoridades competentes (Xunta, Delegación do Goberno, Alcaldes….) para “garantirnos” a seguridade da Planta en Mugardos e o tráfico de gaseiros na nosa Ría. Usarán “las medidas necesarias” en sustitución das legalmente establecidas:  

2000 metros de distancia a núcleos de poboación.  

Obrigatoriedade de saída dos buques – rápida e polos seus propios medios – a mar aberto en caso de emerxencia.  

Cidadáns e cidadás conscientes do perigo e Comité Cidadán de Emerxencia, seguiremos nesta loita – que comezou hai máis de 8 anos – para traslada-la Planta, antes de que ocorra unha traxedia que, no noso caso, sería indudablemente doutras proporcións.  

¡¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA!!

Varios enlaces de prensa:

  La Opinión Coruña      La Voz de Galicia     La Vanguardia   UnionRadio.net 

.

Advertisements
Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: