Burda Estratexia do Despiste

Reganosa, ó tempo que contradice os datos de carga, publicados con aterioridade, do GNL Adamawa, situándoos dentro da capacidade autorizada, comunica a prensa local ter recibido xa dito buque no dia de onte, martes 4 de decembro. 

Na arribada do buque non dixeron verdade, no do exceso de carga, que cada quen xuzgue por si mesmo…. 

O caso e que o LNG Adamawa, o de maior eslora ate agora,  fixo a súa entrada, na pleamar diurna de hoxe mércores 5 de decembro, invirtindo na maniobra mais tempo do habitual, dado a lentitude coa que navegaba. 

Convocados polo Comité Cidadán de Emerxencia, os cidadáns concentrados no peirao de Curuxeiras mostraron unha vez mais a súa repulsa a estes feitos que supoñen un grave risco para os habitantes de Ferrolterra e a riqueza da Ría, e demandaron a paralización e traslado da Planta ó Porto Exterior. 

¡¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡!

Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán

Deixar un comentario