Vídeo sobre a Planta de Gas e Recoñecemento a Carmelo Teixeiro, Coordinador do C.C.E.

 Comunicación recibida de Fuco Buxán, A.C.

Carmelo Teixeiro

A Asociación Cultural Fuco Buxán organiza

para o martes 18 de Decembro, ás 20 horas

no Centro Cultural Carballo Calero (Praza do Inferniño – Ferrol)

a presentación pública do documental

“Ferrol polo mar e pola vida”.

Este documental, centrado na denuncia da planta de gas de Reganosa, foi realizado polos alumnos asistentes a un cursiño de guión e gravación promovido pola ONG “Acsur-Las Segovias” e Fuco Buxán. Obtivo un accésit no Certame “Video Diversidade” de Ecoloxistas en Acción, estando prevista a súa difusión en Latinoamérica dentro das iniciativas de accións comunitarias que leva a cabo Acsur. 

Asemade, este acto, que pretende sensibilizar a opinión pública en torno a ría de Ferrol e á maior agresión mediaoambiental que se da no noso país, incorpora un recoñecemento público a persoa de  

Carmelo Teixeiro Menéndez,

membro de Fuco Buxán e

Coordinador do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ria de Ferrol.

En agradecemento do seu compromiso social e político,  do seu traballo, constante e discreto,  na defensa dos valores humanos, dunha democracia de calidade, dunha sociedade cohesionada en base á xustiza social e pola defensa medio ambiental da ría de Ferrol.

Intervirán: Manuel A. Rodríguez Carballeira Presidente de Fuco Buxán, Camilo Nogueira Román, Ex -Deputado no Parlamento Europeo Proxección do vídeo (presentado por Silvia Chocarro Marcesse e Manuel Cendán Dopico, organizadores do Curso) e agasallo por parte de Fuco Buxán a Carmelo Teixeiro.  

Ó tempo que convidamos a tódala cidadanía a participar deste acto, agradecemo-la colaboración das persoas e entidades que facilitaron a súa realización. 

fuco buxán

Asociación Cultural

Advertisements
Explore posts in the same categories: Convocatorias Comité Cidadán

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: