EN RECORDO DE XAIME QUESSADA

 

 

Tócanos hoxe mostrar o noso sentimento polo falecemento de Xaime Quessada Porto, artista universal, cuxa inxente obra, en tódalas técnicas e estilos, é expoñente do seu compromiso político e social, e forma parte xa da Historia de Galicia.  

O recordo entrañable da súa singular personalidade – afable e solidaria – estará sempre ligado a este Comité Cidadán de Emerxencia, tras aqueles días de abril de 2002, en que tivemos oportunidade de acompañalo mentres realizaba a súa achega, xenerosa e solidaria, plasmada no magnífico mural de 16 x 2,40 m. – doado ao Concello de Ferrol – que expresa a vida e a morte en relación á ilegal e perigosa ubicación da Planta de Gas no interior de Ría de Ferrol. 

Admiración e respecto a quen soubo dedicar a súa arte ao servizo da razón e a liberdade.

Advertisements
Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: