Comunicado da A.VV. FONTELONGA
COMUNICACIÓN RECIBIDA DA A.VV. FONTELONGA DE FERROL De novo o Delegado de La Voz de Reganosa en Ferrol D Miguel Angel Souto , a quen temos que agradecer que en Ferrolterra cada vez hai máis lector@s de Diario de Ferrol, El País, La Opinión, El Correo Gallego e outros, na súa traxectoria de periodismo cínico, se supera el mesmo co comentario de opinión que achegamos.
Para calquera que viva en Ferrolterra e coñeza a súa realidade, seguramente, lle parecería máis axeitado o seguinte titular:
Fará falla outro <<Discoverer>> , esta vez con centos ou miles de mort@os, para que a Planta de Gas de Reganosa sexa trasladada fóra da Ría de Ferrol?
LA VOZ DE GALICIA
Xoves 10 de xaneiro del 2008
Opinión
¿Fará falta outro «Discoverer» para que o porto exterior de Ferrol teña tren?
Autor: Miguel Ángel Souto – Delegado en Ferrol de La Voz de Galicia.
Foi como volver un século atrás. De novo, as lanchas cruzaban a ría ateigadas de traballadores dos estaleiros, e a vella nacional era un rosario de coches de liña. O pesadelo continúa dez anos despois para os que esperan indemnizacións, todo un exemplo de xuízo rápido. Para o resto, ao fin chegou a autoestrada. E con ela a dolorosa confirmación de que en Galicia avanzamos a golpe de catástrofes. Pero a incomunicación de Ferrolterra está lonxe de solucionarse. De Narón a Ortigueira e Viveiro pregúntanse se terá que ocorrer outra desgraza para que se inicie o prometido corredor. E hai quen lamenta que o Discoverer, xa postos, non derrubase tamén o puentecico do tren, ese que tarda hora e cuarto en chegar á Coruña e que conduce a un porto exterior sen ferrocarril para sacar a mercancía.
Explore posts in the same categories: Boletíns - Manifestos
Deixar unha resposta