A problemática Reganosa na música de BALAKANDRA

 

O vindeiro venres, 8 de febreiro, ás 23 horas, o grupo BALAKANDRA dará un concerto na sala “Run-Run” da Rua Real, 223 (perto da Plaza Amboaxe) de Ferrol.  “E un concerto mais na nosa andaina, no que presentaremos a canción “Ou iso parecía”,  na que pretendemos aportar o noso grao de area a problemática de “Reganosa”.-“  BALAKANDRA nace en San Sadurniño a principios do ano 2004, no seo do grupo Saraibas, froito das inquedanzas musicais de varios dos seus membros que trataban así de dar renda solta ós seus coñecementos de outros estilos e técnicas musicais. Nas súas cancións mistúranse o rock co jazz, o pop co bluegrass, o blues co chachacha ou country e mesmo atísvanse algunhos ritmos balcánicos, todo isto pasado por un filtro de folk galego. Os concertos de Balakandra non deixan indeferente a ninguén atrapando ao público nesta viaxe polos sons do mundo.  Balakandra son: Martín Sanjurjo: Mandolina, Guitarra Midi, Violín, Dobro e Voz, Farru Rodríguez: Batería, Percusións, Acordeón e Guitarra, Manolo Dopico: Guitarra acústica e española, Mandocelo e Voz, Amparo Calvo: Voz e Percusión, Dubi Lamas: Baixo.

Advertisements
Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: