Mensaxes de condolencia e solidaridade

Ante a dificultade de reflexar nesta sinxela páxina web a gran cantidade de mensaxes de condolencia e solidaridade recibidos – que en breve faremos chegar a familia de Carmelo – reproducimos, de xeito simbólico, un deles, agradecendo a tódolos remitentes o seu apoio a figura e a labor do noso Coordinador.

Compañeiras e compañeiros:

¡ánimo, co exemplo de   Carmelo Teixeiro, a loita continúa ¡

Morrer de Pé    Na morte do campañeiro Carmelo Teixeiro, eu quixera recordar o seu exemplo de loita.As suas últimas verbas, cando nos decía que se non podía ver cos seus ollos o peche de Reganosa esperaba velo cos nosos. O seu incansable traballo, sempre disposto a facer algo mais para acadar unha ría ambientalmente decente.  

Carmelo unha vez declarada a sua enfermidade non se amilanou nin moito menos, como síquixera amosarnos que non podía “desatender ” as suas obrigas de compromiso social, e seguiu a traballar, si cabe con mais forza, lonxe de calqueira autocompaixón, e sempre sobrepondose ó desgaste e as dores.   

Nunha cultura como a que vivimos  pendente de mais da queixa chorimiqueira o exemplo de Carmelo non vai ser nunca facil de imitar.  Carmelo parecía seguir aquela frase de Stevenson; “incluso se o doutor non che da un ano de  vida, anque dubide se che queda un mes, sé valente e averigua que é o que podes facer nunha semán”. Pois sí, Carmelo parecía que a seguía o pé da letra: Escribindo a Zapatero, facendo informes, mandando mensaxes de felicitación, traballando, sempre traballando pola xustiza e ría como din as nosas camisetas. Esta forma de encarar a morte dalle un potencial de sentido a propia vida e a propia loita que sempre impregnara os compañeiros que quedamos.  

Carmelo vaise de entre nos, e nos quedamos para seguir a sua loita, el non se pode ir  coa sensación de refugar o combate, el vaíse co traballo feito, co compromiso cumplido. El deixanos a todos  os habitantes desta ría e os galegos e galegas un inmenso legado. El era dos imprescindibles que decia Berltolt Brech, dos que loitan sempre non dos que loitan un dia, dos que non se cansan nunca. El podería estar intrigando na política partidaría,  facendo a política dos “caladiños”, a política de corto alcance  que o único que consigue són prebendas para quenes a practican. Pero non, o Carmelo que eu coñecin, non creía nesta clase de política, el creía na defensa das causas xustas, e na loita compartida,  independentemente das suas siglas partidarias. O que a el lle importaba era a defensa do que  creía xusto,  a defensa da razón e o non sometento da cidadania a intereses alleos, en suma o que  quería era unha sociedade decente.   

A sua aventura non foi de insulas, el iba en serio; por mais que o atacaran el nunca tivo palabras de desprecio para ninguén, a sua liña, a sua meta de xustiza no horizonte sempre guiaba o seu quefacer. Non lle importaban os ataques por que el sabía que formaban parte daqueles imbeciles eescuros que sempre estaran o servizo dos mequetrefes de turno.   

O compañeiro Carmelo morreu de pé, a sua morte deixanos un gran exemplo a seguir. Unha loita que vamos a continuar milleiros de ferroláns.

Compañeiro Carmelo veralo cos nosos ollos.  

Alexandre Carrodeguas Martinez  Ferrol

Advertisements
Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: