TRES CARBALLOS PARA CARMELO

 

Hoxe venres, 15 de Febreiro, no Parque próximo a Ermida de Santa María de Caranza, Organizada polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol  Celebramos unha  

HOMENAXE A CARMELO TEIXEIRO.  

Plantáronse tres árbores, tres carballos, monumento vivo a súa lembranza. Foi un acto entrañable, tenro e cheo de emoción, arropado por moitos cidadáns e cidadás que tributaban a súa testemuña de agradecemento a Carmelo, pola dedicación de toda unha vida o servizo das causas xustas e solidarias e especialmente os derradeiros anos de loita o fronte do Comité Cidadán de Emerxencia, en defensa da sostenibilidade da Ría  e das nosas vidas. 

Interviú en representación do CCE a Presidenta da Asociación de Veciños de Caranza, formulando a proposta de dar a ese Parque o nome de Carmelo Teixeiro.  

Mentres a música de gaita y violín envolvianos docemente  a todos, os fillos de Carmelo e os representantes do Comité Cidadán e da Asociación Fuco Buxán, das que era Coordinador e Directivo, plantaron os tres carballos que forman un simbólico triángulo: O Seixo onde naceu, Bazán onde traballou e Caranza onde vivía. 

Recitáronse tres poemas inéditos, escritos por José Torregrosa, José Leira e Rosa Méndez.

Rematando coa interpretación do Himno Galego.

Poema 1Poema 2Poema 3

 A continuación sairon do espigón próximo as embarcacións que trasladaron a súa familia, mariscadores, compañeiros e amigos ó centro da Ría, onde foron depositadas as súas cinzas. 

Alí, no mar de Ferrol, preto do Seixo, fronte a Reganosa, descansa desde hoxe o noso querido compañeiro Carmelo. Desde alí segue a cabeza da nosa loita que continuará hasta conquerir facer realidade o seu anceio: 

¡¡ PLANTA DE GAS FORA DA RIA ¡! 

Completo reportaxe fotográfico do acto.

Advertisements
Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: