Nota de prensa do CCE trala reunión do 22.02.2008

 

1º.- O CCE para a Ría de Ferrol presentou, durante os meses de Outubro e Novembro, varias denuncias – diante da Comisión da Competencia, Medioambiente e Peticións da Unión Europea – pola ameaza que supón a Planta de Gas de Reganosa e a entrada dos gaseiros cargados dentro da Ría de Ferrol, para a vida de milleiros de persoas, para a Ría e para o patrimonio, desde a súa posta en funcionamento no mes de maio pasado, así como o grave caso de corrupción financieira e política. Denuncias que seguen a súa tramitación nos citados organismos europeos.  

2º.- A resposta do Sr. Dimas a unha interpelación do eurodiputado de IU Willy Meller, sobre Reganosa, é un calco das declaracións que viñan ofrecendo os promotores da Planta e os seus cómplices, a pesares de que se lle fixo chegar, desde este CCE, toda a documentación sobre a instalación e as Sentencias do propio Tribunal de Xustiza da Comunidade Europea, nas que se recolle que a incorporación da Directiva (85/337/CEE) fora de plazo non exclúe a sumisión do proxecto a Declaración de Impacto Ambiental, así como as sentencias do TSXG que anularon o procedimento medioamniental que sirveu de base a barbaridade de Reganosa.  

3º.-  O CCE valora o éxito da manifestación celebrada o pasado día 17 en Santiago, promovida por Galiza non se vende, baixo o lema “Contra a destrucción do territorio”, a que asistíu unha ampla representación de Ferrolterra, ocupando un lugar central en dita manifestación a consigna “PLANTA DE GAS FORA DA RIA”.

Advertisements
Explore posts in the same categories: 14146

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: