RODA DE PRENSA DO CCE : Nova especulación en Reganosa

Hoxe,5 de Marzo do 2008, no Ateneo Ferrolán, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, convocou ós medios de comunicación para denunciar unha nova e escandalosa especulación económica cos diñeiros públicos, é decir de todos os cidadáns, a conta dunha Concesión Administrativa na que están implicados a empresa Forestal do Atlántico, S. A., REGANOSA, o Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Ferrol – San Ciprián e sobre todo o Grupo Tojeiro e a anterior Xunta de Galicia, con Manuel Fraga como Presidente.

O 4 de Maio de 1997, o Consello de Administración da Autoridade Portuaria, otorgaba a Concesión Administrativa, por 30 anos, á empresa Forestal del Atántico, por un importe, nos anos 2001 e 2002 de 142.576,90 €.  O 2 de marzo de 2001, a Autoridade Portuaria aproba a cesión a favor de Reganosa do 46,92% da concesión, que se formaliza o 23 de marzo.   E interesante suliñar que uns días antes, o 21 de febreiro, foi cesado pola Xunta de Galicia, o Presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol, Sr. Romero Caramelo, por opoñerse a este disparate.  A Concesión foi autorizada definitivamente despois dunha ampliación da mesma, polo Consello de Administración da citada Autoridade Portuaria con data do 7 de maio de 2003. Desta vez no asentamento contábel de REGANOSA no conceito de concesións administrativas figura 24.799.003,39 € (máis de 4.000.000.000.- de ptas.)  Ampla información na web da Plataforma Artabra 21 (premer)

 

Advertisements
Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: