Nota de Prensa do CEE sobre desmentidos de Reganosa

 

ante os recentes “desmentidos”  de REGANOSA, empresa promotora da planta de gas no interior da RíA de FerrolO pasado día 5 de marzo o Comité Cidadán  de Emerxencia realizou unha rolda de prensa para  poñer en coñecemento dos medios de comunicación e aportar a documentación correspondente do seguinte: 1.      A empresa “Forestal del Atlántico”,empresa  pertenecente ó Grupo Tojeiro, transmitíu a Sociedade REGANOSA o 46´5% dunha concesión administrativa (Para uso dunha superficie portuaria) polo precio de 24.799.003,39  euros.

2.     “Forestal do Atlántico”pagaba a autoridade Portuaria polo 100% de esta misma concesión só  142.576,90 euros.

3.     Que ambas as duas sociedades, REGANOSA e “Forestal del Atlántico” estaban presididas polo  Sr.Tojeiro no momento da transmisión.

4.     Este precio foi pactado por un Grupo de Traballo que estaba presidido por José Antonio Orza, ex-conselleiro de Economía dos Gobernos de Fraga e que, simultaneamente, era socio do Grupo Tojeiro

5.     O grupo Tojeiro gañou polo tanto maís de 30 millóns a conta de Reganosa, sumando as cantidades que lle pagaron polo 46´5% da concesión portuaria  e os 6 millóns de euros que lle pagaron polos terreos.

6.     Todas estas cantidades van ser pagadas con os cartos procedentes dos impostos recaudados polo Estado. Polo tanto, con estas operacións, Tojeiro realiza un simple trasvase dos cartos públicos para o seu lucro personal, utilizando duas empresas que él mismo presidía. Cobra en Reganosa, as subvencións publicas para as infraestucturas gasistas, e  logo as transmite a “Forestal del Atlántico” camuflandoas como ventas de solares ou transmisións de concesions publicas a sobreprecios increibles que no se corresponden en absoluto cos precios do mercado .Participando de estos beneficios José Antonio Orza .

7.     Para realizar esta transmisión da concesión portuaria, deberon de cesar a Guillermo Romero Caramelo, Presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol, que se opoñía a esta operación, ó cal foi cesado exactamente o día 21 de febreiro do 2001, un mes antes de asinarse a transmisión.  

Para xustificar tan escandalosos precios pagados REGANOSA minte, cando indica, a os medios de comunicación, que estas cantidades se corresponden ca compra dun porto de “Forestal del Atlántico” de 210 metros de longo.

Evidentemente, minte, porque os portos son un dominio público, cuia propiedade é Estatal e que son xestionados polas correspondientes Autoridade Portuarias, polo tanto, en ningún momento foi, nin pode ser unha propiedade do Grupo Tojeiro. Dispoñendo este grupo empresarial, a través de “Forestal del Atlántico”,simplemente, da citada concesión que lle permite utilizar a superficie portuaria por 30 anos.

En ningún caso pode vender unha propiedade da que non é propietaría e que pertence ó Estado.(Esta información pode ser confirmada pola Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao)

 Si xa resulta moi difícil entender a actitude de Reganosa, “subarrendando” por estos precios desorbitados unha concesión, que non se corresponden de ningun xeito cos do mercado, ainda resulta moito maís difícil entender e polo tanto significativo as explicacións que aporta Reganosa para xustificalos.

Estas mentiras non pretenden maís que ocultar, que a única razón para que a planta de gas se instalase no interior da Ría de Ferrol é, exclusivamente,  beneficiar económicamente o Grupo Tojeiro, despreciando a seguridade da poboación e a riqueza da Ría Ferrol.

A Xunta de Galicia ten a obriga de dar as explicacións pertinentes, tendo en conta que mantén unha participación do 10% en Reganosa e representantes no seu  consello de administración.

Compre recordar que no momento de estas operacións descritas o representante da Xunta de Galicia no consello de administración era o Director Xeral de Industria,Ordas Badia  implicado actualmente nunha trama de concesións irregulares de parques eólicos.

 

Advertisements
Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: