ALEGACIONS A SOLICITUDE DA AAI DE FORESTAL DEL ATLANTICO

NOTA DE PRENSA SOBRE AS ALEGACIÓNS PRESENTADAS POR DIFERENTES ENTIDADES DIANTE DA SOLICITUDE DE AUTORIZACIÓN AMBIENTAL INTEGRADA (AAI) DE FORESTAL DEL ATLANTICO 

 

As Confrarías de Pescadores e Mariscadores de Ferrol e Mugardos, conxuntamente coas  asociacions ecoloxistas: ADEGA, Sociedade Galega de Historia Natural, e Verdegaia e outros colectivos culturais e veciñais como: Federación de Asociaciacións  de Veciños “Roi Xordo”, “Ateneo Ferrolán”, “Plataforma de Veciños de Meá” e Asociación Cultural “Fuco Buxan”, remitiron a Consellería de Medio Ambiente as alegacións correspondentes a unha solicitude presentada pola Empresa “Forestal del Atlántico” o pasado mes de decembro, para que  esta sociedade obteña a “Aprobación Ambiental Integrada”.

 

Nas alegacións presentadas por estes colectivos faise referencia as numerosas irregularidades que “Forestal del Atlántico” está a presentar nas súas instalacións de Mugardos e fan fincapé  nos vertidos que esta empresa realiza na Ría de Ferrol sen ningún tipo de depuración, as emisións atmosféricas de diversos productos, e a falla dun Estudio de Impacto Ambiental para o conxunto das súas actividades.

 

Denuncian tamén o  grave risco que supón, para as persoas e o medio ambiente, a almacenaxe de grandes cantidades de productos químicos como: Fenol, formaldehído, sosa, amoniaco, etc… xunto a inmensas cantidades de hidrocarburos. Incumplindo as distancias que deben manter este tipo de  instalacións  respeto os núcleos urbáns.

 

Os distintos coletivos denuncian que “Forestal del Atlántico” está a utilizar unha antiga concesión de deslastres de buques que foi otorgada no ano 1977 para realizar actividades para as que non ten autorización, presentando incluso a documentación fora de prazo, tal como recolle a Lei 16/2002, de 1 de Xullo, de Prevencion e Control da Contaminación, á  que debería estar adaptada antes do 30 de outubro do 2007.

 

                                                         Ferrol a 09 de Abril de 2008

Advertisements
Explore posts in the same categories: 14146

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: