CELEBRADA A XVIII ASEMBLEA CIDADÁ

A XVIII Asemblea Cidadá, reunida onte no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán, analizou as actividades mantidas desde a súa anterior convocatoria o pasado novembro:
-Relación con outros movementos sociais (Foro Social Galego, Galiza non se vende).
-Mobilizacións e presenza en actividades cidadás.
-Estado das demandas e recursos presentados, tanto en vía xurídica como administrativa.
Situación económica.

Abríndose a continuación un debate sobre a situación actual e as novas ameazas de Reganosa :
– Voadura da canle de entrada da Ría.
– Ampliación da capacidade de regasificación.
– Transporte de GNL en camións cisterna.
Aprobáronse nesta Asemblea diversas propostas de traballo e mobilizacións:

1º) Rolda de encontros co movemento asociativo da Comarca (Sindicatos, AAVV, Partidos Políticos) para dar a coñecer as novas ameazas e a situación actual.

2º) Preparación dunha Mobilización Comarcal (proposta para o 8 de xuño, como data máis próxima ao Día Mundial de Medio Ambiente).

3º) Festival artístico-musical-reivindicativo, no aniversario do Peche dá veciñanza de Meá non Concello de Mugardos.

4º ) Mobilizacións coincidindo co aniversario da entrada ilegal do primeiro gasero cargado na Ría (9 de maio de 2007). Convocaranse concentracións diante dos locais e sedes dos socios de REGANOSA.

5º) Realización dun mural de grandes dimensións (en cuxa confección participarán máis de 200 persoas) para mostrar de xeito permanente a ameaza constante da Planta de Gas, situada no interior da Ría, sobre a vida dos seus habitantes, e a agresión a sostenibilidade da mesma.

6º) Convocatoria da XIX Asemblea Cidadá, a celebrar o próximo 2 de maio de 2008, ás 8 da tarde, no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán, cun único punto de Orde do Día: Calendario e preparación das mobilizacións aprobadas.

 

PLANTA DE GAS FORA DA RÍA

Voadura da canle de entrada

 

A Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, volta a insistir no dragado da canle de entrada, para favorecer o tránsito dos grandes barcos, cando o Porto Exterior xa está en condicións de recibilos. A razón da súa construcción non era outra que liberar o interior da Ría dos tráficos nocivos e perigosos. Unha vez máis quen dirixe a Autoridade Portuaria, amosa a súa supeditación aos intereses de REGANOSA e pretende levar a cabo unha nova barbaridade, xa que os gaseiros seguirían sen poder cumplir a norma 1532. Pola contra o dinamitado e dragado terían un efecto pernicioso nos bancos marisqueiros e no patrimonio: os Castelos. Realmente, os promotores do dinamitado, non teñen outra finalidade que seguir facendo uso do interior da ría, como se non existise o Porto Exterior, un paso máis na dirección sinalada no libro de Enrique Pernas  e prologado polo entón Conselleiro de Pesca Sr. Landín, de sacrificar a Ría de Ferrol.

 

Ampliación da capacidade de regasificación de REGANOSA

 

            Dende fai tempo, os promotores de Reganosa e os seus apoios, entre eles a Consellería de Industria, veñen reclamando ao Goberno Central, a través das campañas mediáticas, a concesión dunha maior capacidade de emisión de gas natural. Segundo a licencia de construcción, a capacidade de emisión nominal e de 322.500 m3/hora. O Consello de Ministros do 31.03.06 aprobou a revisión 2005-2011 do Plan Enerxético, incluindo (con valor indicativo) a nova cifra de 412.800 m3.  A autorización ten que solicitarse e tramitarse segundo o artigo  67 da lei 34/1988 de hidrocarburos, e aplicación do R.D. 1434/2002 de 27 de decembro.

A partir de decembro de 2006 voltaron a esixir a cantidade de 825.600 m3/h..

A razón desta ampliación está na redución do marxe de beneficios (50 %) das instalacións de gas natural, aprobadas polo Consello de Ministros do 29.12.2006.

Recentemente publicouse no BOE nº 67 do 18.03.2008 o anuncio no que Reganosa invita a licitar a adxudicación de obra civil de dous novos ORV’s (vaporizadores) de 160 Tm/hr, cada un. Data inicio previsible das obras: 3º trimestre 2008. Prazo execución: 50 meses.

Serían evidentes os efectos perniciosos desta posible ampliación, duplicando os verquidos e usos da auga  da Ría ata 600.000 m3 diarios, e unha maior afluencia de gaseiros cargados dentro da Ría. Ademáis non ten sentido esta pretensión, xa que Reganosa so ven traballando ao 34 % da súa capacidade nominal.

 

Transporte de GNL en camión-cisterna

 

            O feito de transportar polas estradas galegas camións – cisterna de 20 Toneladas de GNL, o que equivale a máis de 1.600 bombonas de gas, é unha irresponsabilidade máis de REGANOSA, que responde máis a unha necesidade propagandística que a unha verdadeira demanda enerxética das vilas e industrias a onde vai destinado.

 

Advertisements
Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán

Etiquetas: , , , ,

You can comment below, or link to this permanent URL from your own site.

One Comment o “CELEBRADA A XVIII ASEMBLEA CIDADÁ”


  1. […] Comité Cidadán | Tags: Festival Mugardos, Marcha a Mugardos | Según se anunciara na XVIII Asamblea Cidadá, o pasado […]


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: