O CCE NA MANIFESTACION EN DEFENSA DA RÍA DE VIGO
Encabezada polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, unha representación ferrolá participou onte, domingo 25 de maio, na marcha en defensa da Ría de Vigo, que saindo da Praza da Estrela, onde se atopa a Autoridade Portuaria, tras duas horas de percorrer o porto e as rúas de Vigo, rematou en Bouzas, manifestándose en contra dos recheos, destrucción do litoral, portos deportivos e perda de postos de traballo no marisqueo a que se está a someter a Ría, e a favor do seu desenrolo sostenible.
Onte en Vigo, o próximo día 8 de xuño en Ferrol, e sempre onde sea preciso, a cidadanía terá que deixar ben claro que GOBERNE QUEN GOBERNE :
¡¡ GALIZA NON SE VENDE ¡!
¡¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡!
Explore posts in the same categories: 14146
Deixar unha resposta