CCE : PRIMEIRA TARDE DE PECHE NO CONCELLO DE FERROL
Esta tarde, representantes dos membros do Comité Cidadán de Emerxencia, pechados no Concello de Ferrol, foron invitados a reunirse co Alcalde, mantendo ao longo desta entrevista a súa ratificación ao contido do escrito dirixido á Alcadía e feito público esta mesma mañá.
Reiteraron a súa demanda á Corporación dun posicionamento a favor da sostenibilidade da Ría e da vida dos seus habitantes, rexeitando a ubicación da Planta no seu interior, así como as novas ameazas xa sinaladas no devandito escrito, que motivan a convocatoria de MANIFESTACIÓN para o vindeiro domingo, dia 8 de Xuño.
O longo da tarde, numerosas persoas, tanto a título particular como en representación de distintas Asociacións e Entidades, Veciñais, Culturais, etc. visitaron aos compañeiros e compañeiras do CCE e mostráronlles a súa solidariedade nesta acción emprendida na defensa da vida de toda a cidadanía de Ferrol e comarca.
¡¡ PLANTA DE GAS FORA DÁ RÍA!!
Ver album de fotos:
http://picasaweb.google.com/fucobuxan/PecheCCENoConcelloDeFerrolII
Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán
Etiquetas: ferrol, peche concello, Reganosa
You can comment below, or link to this permanent URL from your own site.
Xuño 3, 2008 ás 11:47 pm
[…] representación do Comité Cidadán está desde onte pechada na casa do Concello. Trátase de denunciar a situación na que desde o 9 de […]