Resumo da roda de Prensa do 5 de Xuño

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol ofreceu hoxe unha roda de Prensa aos medios de Comunicación desde o Salón de Recepcións do Pazo Municipal de Ferrol, onde se atopan pechados ao redor de quince persoas, na súa maioría membros deste Comité.

Precisamente hoxe que celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente, este Comité, na súa comparecencia ante os medios, quere poñer de manifesto a necesidade dun desenvolvemento sostenible e de actuar con criterios medioambientais e de seguridade nos diferentes temas comarcales.

Especialmente no caso Reganosa, a máis grave ameaza dentro da nosa Ría e todo o seu ecosistema global, que de xeito permanente está a poñer en perigo a vida de miles de persoas.

A súa xestación e instalación, fraguada entre a Xunta de Fraga, o Grupo Tojeiro e outras empresas privadas, nun Pacto “Confidencial” contra o interese público,  así como a súa viabilidade e autorización de funcionamento, outorgada polos gobernos actuais, fan que se trate, como en tantas ocasións temos dito, do maior caso de corrupción económico-política ocorrido en España nesta etapa democrática.

Este CCE ratifícase na súa posición mantida desde fai 8 anos, de PLANTA DE GAS FORA DÁ RÍA, á vez que denuncia as novas ameazas que a Planta vai ocasionar:
Multiplicar por 2,5 a súa capacidade de regasificación, o que supoñerá multiplicar o volume de auga esterilizada e bombeada e Incrementar o perigoso tráfico de gaseiros dentro da nosa ría, que pasarían dos actuais 1,6 mensuais a máis de 4 mensuais.
Voadura da canle de entrada, para facilitar o tránsito dos gaseiros, coa destrución dun ecosistema protexido e o perigo de danos irreparables ao patrimonio histórico e cultural da súa contorna.
Distribución do gas en camións cisterna pola rede de estradas galegas, que non é máis que unha operación propagandística e unha irresponsabilidade que pon en risco a toda a poboación circundante.

Á preocupación por todas estas ameazas para as vidas e para ría, hai que engadir outra, que é a posibilidade suxerida de instalar na súa contorna a Celulosa de ENCE, rexeitada en Pontevedra tras moitos anos de loita, e que acabaría coa riqueza económica e ambiental da nosa comarca.

Así mesmo, este CCE rexeita o chamado Plan de Emerxencia Exterior, presentado estes días en A Coruña, como elemento de confusión creado dentro dunha campaña de contraprogramación e que trata de desmovilizar á poboación fronte á convocatoria de Manifestación do próximo domingo día 8 de Xuño.
O mellor Plan de Urxencia, é que se cumpra o establecido na lei: Distancia de 2 Km. aos núcleos de poboación e todas as precaucións legais estableciadas para a entrada destes buques, circunstancias, nesta ubicación, imposibles de cumprir e que sempre supoñerán un risco grave para a poboación circundante.

Esta permanente situación de risco supón que, tanto a cidadanía como os seus gobernantes, estamos obrigados – e sempre a tempo – de impedir unha catástrofe – independientemente do seu custo económico – que de producirse podería ocasionar miles de vítimas e que en todo caso vai supoñer a perda irreparable do noso ecosistema e dos postos de traballo que del dependen.
Numerosos exemplos fannos ver que unha solución favorable é posible: A Planta de Gas de Brindisi , cuxa autorización foi revocada. A Celulosa de Pontevedra, onde se conseguíu, tras 20 anos de oposición, un compromiso de traslado. Outras plantas, en diversos lugares, que foron trasladadas a varias millas mar dentro.

Este CCE fai un chamamento a toda a cidadanía de Ferrol, a súa Comarca e Galicia, para asistir á Manifestación convocada no Porto de Ferrol, o próximo domingo 8 de Xuño, ás 12 horas, en apoio do anteriormente exposto.

Agradece a cantas persoas e Entidades están mostrando o seu apoio á Convocatoria de Manifestación e a solidariedade cos pechados no Concello, ben pola súa presenza alí, ou a través das súas mensaxes e outros medios.

Para rematar, mostrar a disposición a continuar este encerro, na demanda dun posicionamento contrario a ubicación da Planta de Gas, deste Goberno Municipal e  

 

EN DEFENSA DA VIDA, DA RÍA  E A LEGALIDADE DEMOCRÁTICA.

Advertisements
Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán

Etiquetas: ,

You can comment below, or link to this permanent URL from your own site.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: