Pánico e tensión en Benidorm, polo accidente dun camión cisterna cargado de propano.

Un camión de Repsol chocou onte contra unha ponte no centro de Benidorm . A consecuencia do accidente, verteuse por completo a súa carga, 20.000 litros de gas propano. Non se rexistraron feridos nin intoxicados pero había risco de explosión que diminuía ao expandirse a nube de gas. As autoridades estableceron un radio de seguridade de máis dun quilómetro e desaloxaron unha ampla zona, que foi acordoada.

 

A evacuación afectou a mais de 2.000 persoas que ocupaban varios edificios: o Concello, tres hoteis, oito torres de vivendas, a biblioteca e decenas de comercios e restaurantes.
Unhas horas despois, nas que se viviron momentos de pánico e tensión, levantouse o cordón policial e permitíuselles regresar ás súas casas.
Como medida preventiva, e máis polo perigo de explosión que de intoxicación, pedíuselles que abran as fiestras e aireen as súas vivendas. Ademais, advertiulles de que durante as próximas horas non utilicen aparellos eléctricos, non fumen nin acendan cerillas nin usen mecheros

 

A Generalitat tipificou o accidente como de tipo 3 situación 1, que se aplica naqueles casos nos que hai fuga dun material perigoso e as medidas que se deben adoptar consisten no desaloxo da zona. Durante a situación de urxencia interveu un colectivo de máis de 150 persoas, bombeiros, policia, persoal sanitario, dúas unidades de Soporte Vital Básico (SVB) e outras dúas do SAMU. Todos os accesos á cidade foron cortados e o tráfico desviouse cara a localidades próximas .

 

Segundo a portavoz municipal: o plan de emerxencia “foi todo un éxito e funcionou perfectamente” e destacou que a operación saldouse sen vítimas nin intoxicados. “tivemos a sorte de que era gas propano e non gas butano” dixo.

Ante iso, desde o Comité Cidadán de Emerxencia, preguntámosnos:

Se temos en conta que nos tanques de Reganosa hai unha cantidade 15.000 veces maior ¿que radio de seguridade terían que fixar as autoridades? ¿150 km ?¿15.000 km?¿Como se podería levar a cabo o desaloxo de todas as persoas dentro dese radio en poucos minutos?

Todos os habitantes de ferrolterra estamos sometidos a un elevado risco, totalmente innecesario, motivado pola ambición sen límites duns poucos empresarios co consentimento de case todos os partidos políticos.

Advertisements
Explore posts in the same categories: Noticias / Novas

Etiquetas: , ,

You can comment below, or link to this permanent URL from your own site.

One Comment o “Pánico e tensión en Benidorm, polo accidente dun camión cisterna cargado de propano.”


  1. […] Pánico e tensión en Benidorm, polo accidente dun camión cisterna … […]


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: