Noite do San Xoán
Remitido pola Asociación de Veciños “Fontelonga” de Esteiro – Ferrol.
As luminarias son tradicionais en Galicia na noite que para o pobo galego é a noite dos misterios: a noite de San Xoán.
Encol delas brincan os nenos, mozos e persoas maiores, porque cren que, deste xeito, curan as doenzas da pel, afastan os maleficios e evitan certos padecementos, sempre que o número de saltos sexa impar.
Nós imos no lume do San Xoán afastar o maior maleficio de Ferrolterra, a Planta de Gas dentro da Ría de Ferrol, e faremos un número de saltos impar.
Etiquetas: fontelonga, luminaria, Planta de Gas, Reganosa, San Xoan
You can comment below, or link to this permanent URL from your own site.
Deixar unha resposta