PLANTA DE GAS A 17 KM. DA COSTA
A Ministra de Fomento visita as obras
Unha planta de regasificación de gas licuado que será a primeira terminal de hormigón LNG do mundo situada en mar aberto
– O investimento realizado neste proxecto supera os 1.000 M. de Euros
– Poderá regasificar 8 millóns de m3 de LNG ao ano.
En San Roque,(Cádiz) vénse levando a cabo desde o ano 2005 a construción dunha Terminal LNG ( Gas Natural Licuado) que se instalará no Adriático, converténdose na primeira terminal de hormigón LNG do mundo situada en mar aberto. O proxecto atópase na súa fase de finalización e consistiu na construción dunha gran plataforma de hormigón de 180 m de longo por 88 m de ancho e 47 metros de altura, en cuxo interior se ubican dous tanques modulares de LNG cun volume de 125.000 m3 cada un. Sobre a devandita plataforma de hormigón instaláronse os equipos de regasificación e instalacións auxiliares.
A terminal será remolcada por mar ata a súa localización definitiva no Mar Adriático, a 17 kms. fronte á costa italiana onde recibirá o LNG desde buques procedentes de Qatar, regasificará o produto e fornecerao, a través dun gasoducto, á rede italiana de distribución de gas.
Os socios principais do proxecto son ExxonMobil, Ras Laffan LNG Co. e Edison Gas, habendo sido Necso, pertencente ao grupo Acciona, a responsable da construción da plataforma de hormigón. A maior parte dos equipos de regasificación e instalacións auxiliares fabricáronse en Porto Real, nas instalacións de Dragados Offshore, empresa pertencente ao grupo ACS.
O investimento realizado neste proxecto supera os 1.000 millóns de euros, habendo mantido un emprego medio de máis de 500 persoas, alcanzándose puntas diarias de máis de 2.100 traballadores entre as bahías de Cádiz e de Algeciras.
Ao importante impacto laboral e económico que o proxecto xerou na provincia de Cádiz, hai que sumar o novedoso modelo organizativo e constructivo en materia de prevención de riscos laborais que todas as compañías implicadas na obra tiveron que adoptar e que lles levou a alcanzar un récord de máis de 8 millóns de horas traballadas sen se producir un accidente laboral grave.
Sen dúbida a execución do proxecto de Terminal de LNG do Adriático é unha obra singular a nivel mundial polas súas características técnicas, que supuxo a segunda iniciativa deste tipo que utiliza os terreos de Campamento – a primeira foi o Dique Flotante para o Porto de Mónaco- e que ademais de prestixiar ao porto, supón unha posible liña de traballo futuro para estas instalacións..
Explore posts in the same categories: Noticias / Novas
Etiquetas: alta mar, gnl, plataforma
You can comment below, or link to this permanent URL from your own site.
Xullo 23, 2008 ás 10:16 pm
[…] que para eso fue construido, o bien que se opte por una plataforma Off Shore. Recientemente, la Ministra de Fomento visitaba la construcción de una Terminal LNG, encargada en Cádiz para ser situada a nada menos […]
Xullo 23, 2008 ás 10:29 pm
[…] que para iso foi construído, ou ben que se opte por unha plataforma OffShore. Recentemente, a Ministra de Fomento visitaba a construción dunha Terminal LNG, encargada en Cádiz para ser situada a nada menos ca […]