13 Novembro: Mobilizacións de “Galiza non se vende”

img00026

Hoxe xoves 13 de Novembro, 6º aniversario do afundimento do Prestige

Unha representación do

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

mantivo un peche nos Pazos do Concello

de Ferrol e Mugardos

entre ás 10 e as 13 horas, coincidindo con outras movilizacións en moitos Concellos de Galicia, organizados pola

REDE GALIZA NON SE VENDE

En demanda de solucións aos problemas e agresións medioambientais que estamos a padecer.

 

Nesta Comarca, de xeito especial pola ameaza da

Planta de Gas de Reganosa

e do perigo do tráfico ilegal de gaseiros na nosa Ría.

 

¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡

Album de fotos do peche

Manifiesto e Mobilizacións de hoxe en Galicia

Hoxe, as 10 da mañán activistas dos colectivos integrantes da Rede Galiza Non se Vende iniciaron peches simultáneos nos seguintes edificios administrativos:

 

– Ferrol: Edificio do Concello.

– Mugardos – Edificio do Concello.

– Vigo: Edificios Administrativos da Xunta. r/ Concepción Arenal.

– Compostela. Consellería de Medio Ambiente.

– A Coruña. Edificio Administrativo da Xunta en Monelos.

– Ribadavia. Concello de Rivadavia.

 

Baixo o lema “Goberne quen Goberne: Galiza non se Vende” os activistas queren denunciar as políticas continuístas que seguen vendendo o País a intereses escuros, depredando, aplicando modelos traídos doutros lugares, provocando que Galicia perda de vez a súa idiosincrasia e se afiance nunhas prácticas económicas, agrícolas, paisaxísticas, medioambientais, enerxéticas, territoriais, alimentarias, relacionais, etc… que nada teñen que ver coas necesidades do País e das súas xentes, coa vida digna de quen hoxe habita a Terra e de quen poda vir despois.

 

Manifesto 13 NOVEMBRO. Rede Galiza non se Vende

 

Hai seis anos un barco-lixo carregado de fuel-lixo viaxaba de Europa a África. Un accidente fronte às costas galegas foi transformado en catástrofe por gobernantes incapaces e autoritarios, agachados tras a propaganda e a mentira. A cidadanía saíu á rúa como nunca antes fixera. Non se podía repetir esa destrución ambiental. Non se podía repetir esa forma de gobernar.

Apoiada naquela vaga de dignidade cidadá, a mudanza acabou por chegar ao goberno autonómico. Custou traballo ventilar aquela apodrecida Elsinor. Agora, seis anos máis tarde, o pantasma do pai de Hamlet vaga desacougado polos corredores pedindo vinganza. Mudou o goberno, pero… mudaron as políticas?

Non é a primeira vez que se conmemora tan fatídico día. Hoxe tamén hai acto oficial: forma parte dun ritual cínico, no que só se bota a vista atrás para seguir tirando proveito daquela traxedia á que non se debería chamar accidente. Claro que non debemos esquecer. Nós tampouco esquecemos. Non esqueceremos nunca como centos de milleiros de galeg@s berramos NUNCA MÁIS, convencidos de que de alí en diante algo había mudar definitivamente.

Que pouco aprendemos daquela experiencia! Neste novo 13 de Novembro denunciamos que temos dentro un perigo moitísimo maior, con efectos que son calquera cousa menos “accidentais”.

Porque se gravísimos, case irreparables, foron os danos provocados por aquela catástrofe, non menores son os que cabe agardar das políticas continuístas que seguen vendendo o País a intereses escuros, depredando, aplicando modelos traídos doutros lugares, provocando que Galicia perda de vez a súa idiosincrasia e se afiance nunhas prácticas económicas, agrícolas, paisaxísticas, medioambientais, enerxéticas, territoriais, alimentarias, relacionais, etc… que nada teñen que ver coas necesidades do País e das súas xentes, coa vida digna de quen hoxe habita a Terra e de quen poda vir despois. 

Pero ben lonxe de marcar claramente distancias coas viciadas e denostadas políticas anteriores, o goberno “bipartido” da Xunta de Galicia seguíu apostando por un vergonzoso continuísmo, caendo nas mans do capitalismo máis depredador en vez de apostar decididamente por estudar e aplicar modelos de sustentabilidade ecolóxica e xustiza social acordes coas demandas de Galicia e d@s galeg@s. Mesmo a actual crise pon de manifesto a febleza de todo o sistema económico que, baixo a etiqueta de progreso, o que fai é vender os nosos recursos ás grandes transnacionais, hipotecando o noso futuro e atacando as bases da nosa propia soberanía.

Denunciamos con toda contundencia:

Recheos inxustificados e alarmante contaminación urbana e industrial nas rías

Degradación dos ríos por contaminación e encoros

Plan acuícola devastador de costa virxe

Plan de portos deportivos privatizador e destrutor da costa

Plan eólico deseñado para os intereses empresariais

Plan de minaría destrutor do rural e cuestionábel rehabilitación de zonas mineiras mediante a construción de megalagos (Meirama, As Pontes)

Degradación continuada do Courel, Ancares e Trevinca

Urbanismo masificador e salvaxe

Industrias perigosas e contaminantes: Reganosa, Ence, Endesa, Elnosa, Alcoa, Megasa, Meirama, SOGAMA, Ferroatlántica, Carballeda de Avia, etc.

Plan de residuos destrutor de chan rústico e ambientalmente inviabel

Proliferación desmesurada de polígonos industriais sen planificación

Plan de vivenda protexida especulativo pensado para os promotores

Plan de estradas sobredimensionado e irracional

Plan Vigo Íntegra deseñado para as construtoras

Directrices de Ordenación do Territorio ilegais feitas sen contar coa participación cidadán

Modelo de transporte insostible e destrutor (TAV, transporte privado..)

Abandono do rural, eucaliptización e desmantelamento da agricultura e gandería

Intento de desmantelamento do sector pesqueiro ( Lei de Pesca)

Desprotección insultante do medio natural e da Rede Natura

Degradación acelerada da paisaxe, desaparición de espazos singulares (Fragas do Eume, Covas do Folón, Gándaras de Budiño..)

Falta de compromiso real na recuperación dos núcleos históricos das vilas

Desprezo ao patrimonio cultural (V.A.C. Costa da Morte, A-76, destrución de castros..), despilfarro no Gaiás

Plans urbanísticos masificadores e especulativos e áreas metropolitanas depredadoras e desestruturadoras do territorio

Control interesado dos medios de comunicación e amordazamento das opinións críticas

Desprezo ao ben común, parcialidade interesada cara ao gran capital

Cultivo do clientelismo electoral

Parcialidade do estamento xudicial e desprotección do débil

E fronte a isto esiximos un cambio de rumo inmediato que poña a sustentabilidade ecolóxica e a xustiza social no centro das políticas, que sitúe ás persoas e ao ambiente por riba do lucro, que dialogue e avance na democracia participativa e reflexiva… Que supere o actual sistema (auto)destrutivo e a súa acumulación de crises, construíndo unha Terra viva e unha vida digna para tod@s.

Goberne quen goberne, Galiza non se vende!

Terra viva e vida digna para tod@s!

 

 

 

 

Advertisements
Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán

Etiquetas: , , , ,

You can comment below, or link to this permanent URL from your own site.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: