Concentración pola entrada do gaseiro nº 35
Onte, 19 de novembro, entrou na nosa Ría o gaseiro “LNG Lagos”, con bandeira de Bermudas, cargado de LNG para Reganosa.
Este buque, con capacidade de 122.255 m3, ten 32 anos de antiguedade, o que ven supoñer outra ameaza engadida ao xa de por si perigoso tráfico ilegal de gaseiros próximos as nosas vivendas e as nosas vidas.
A Concentración convocada polo Comité Cidadán de Emerxencia, ante o Edificio da Xunta de Galicia, percorreu varias rúas do centro, rematando ante o Concello, rexeitanto unha vez máis a ubicación da Planta de Gas e reafirmando a decisión de mobilizarse cada vez que entre un gaseiro na Ría.
A Ría é nosa e non de Reganosa
¡¡Planta de Gas fóra da Ría ¡!
Explore posts in the same categories: Noticias / NovasEtiquetas: ferrol, gaseiro, LNG Lagos, Reganosa
You can comment below, or link to this permanent URL from your own site.
Deixar unha resposta