XX Asemblea Cidadá

xxac035

Onte 22 de Decembro, convocada polo Comité Cidadán de Emerxencia, celebrouse, no local da A. VV. de Ferrol Vello, a XX Asemblea  Cidadá, que, cumprindo a orde do día prevista, tratou en sintese o seguinte:

 

1.- Balance e informe de situación.- Analizáronse as principias accións reivindicativas levadas a cabo desde a XIX Asamblea, do pasado maio:

– Roteiro polas sedes dos socios de Reganosa.

– O peche nos Concellos de Ferrol e Mugardos, integrados na rede Galicia Non se Vende.

– A significativa manifestación do 8 de Xuño.

– A II Marcha a Pé a Mugardos.

– A Exposición Mural  “A Ría na Rúa”, o roteiro reivindicativo e o magosto en Caranza.

– A participación no Foro Social Galego.

– As concentracións e manifestacións de denuncia a cada entrada dun gaseiro na nosa ría.

– A publicación do Boletín nº 14 e doutros folletos explicativos.

 

E asemade as accións xuridicas emprendidas e repaso das que están pendentes de resolución polos Tribunais:

          Denuncias ante a Fiscalía do TSXG e Fiscalía Especial contra a Corrupción, de novos datos da duplicidade orzamentaria de Reganosa.

          Os 12 Contenciosos presentados.

          As duas sentenzas do TSXG contra Reganosa, recorridas pola Xunta e Reganosa ante o Supremo.

          A reapertura do expediente de denuncia  presentado ante a Comisión Europea.

          O Recurso de Amparo Constitucional contra a Autorización Administrativa Previa.

 

Abordouse de xeito especial a sentenza do Tribunal Supremo, de 14 de novembro pasado, desestimando a demanda presentada polo Concello de Ferrol, con resolución favorable do TSXG (23.06.2004) e recorrida pola Xunta e Reganosa. No ano 2006 o Pleno do Concello de Ferrol decide retirarse do Contencioso, agora o Tribunal Supremo falla, plantexando que o Tribunal Superior de Xusticia de Galicia non debeu de admitir a tramite a demanda do Concello de Ferrol “Por ser un acto de tramite inimpugnable” non entrando para nada no fondo do asunto, da tramitación ambiental de Reganosa, en contra do que pretendía facer creer La Voz de Galicia na nota publicada o pasado 5 de Decembro. Hai 12 contenciosos admitidos a tramite e dous pendentes do Supremo . Este Tribunal, terá que entrar no fondo do asunto , e aclarar si a planta de Reganosa esta obrigada a facer a Declaracion de Impacto Ambiental tal como fixeron as demais instalacions deste tipo, como fallou por 3 veces o TSXG e manten o CCE ou  simplemente vale o sucedáneo da Declaracion de Efectos Ambientais.

 

2.- Propostas de traballo.- Desde a constatación de que a Planta de Gas de Reganosa, e o tráfico contínuo de gaseiros na nosa ría, son unha ameaza real e permanente aa nosas vidas, ao noso ecosistema e a unha parte importante da economía desta comarca, a Asemblea Cidadá amosou unha vez máis a determinación e o compromiso con esta loita que só rematará unha vez acadado o obxetivo de Planta de Gas fóra da Ría.

O traballo nos vindeiros meses deberá centrarse na comunicación coa cidadanía, a mobilización social e a utilización das vías mediáticas, xurídicas e administrativas.

Analizáronse varias propostas concretas neste senso, que o CCE se encargará de preparar, para unha próxima Asemblea Cidadá a convocar no vindeiro mes de Xaneiro.

 

¡¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡!

Advertisements
Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán

Etiquetas: , , , ,

You can comment below, or link to this permanent URL from your own site.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: