“PLAN DE EMERXENCIA” artigo de Xoán Rubia

planemerx

O interesante artigo de Xoán Rubia, titulado “PLAN DE EMERXENCIA” pubricado no “Diario de Ferrol” do pasado domingo, 11 de Xaneiro, fainos lembrar por forza a opinión de quén é o máximo responsable  para Galicia de Protección Civil, o Conselleiro da Presidencia José Luis Méndez Romeu, que en Novembro do 2007, participou nun debate sobre a Planta de Gas de Reganosa no programa “La Ventana” da Cadena Ser, dirixido pola periodista Genma Nierga, no que participaron como contertulios: Santiago Carrillo, Herrero de Miñón e Pere Portabella.

O longo do debate, os tres, puxeron en evidencia a barbaridade que supón a ubicación da Planta de Gas de Reganosa no interior da Ría de Ferrol.

O Conselleiro foi incapaz de dar resposta ás preguntas dos contertulios, asumindo como propio o proxecto xestado baixo os gobernos do PP, e para defendelo recorreu ao rosario de mentiras propaladas durante oito anos polos promotores de Reganosa, retrotraéndonos lamentablemente a esa etapa de Goberno da dereita, que fixera da mentira a súa divisa.

 

Velaí algunhas das perlas do Conselleiro:

 

          A Planta de Reganosa cumple con todos os requisitos autonómicos e estatais. A Planta ten a DIA (Declaración de Impacto Ambiental) avaliada polo Ministerio de Medioambiente.

          En España non hai lei algunha que obrigue a este tipo de instalacións a arredarse 2000 m. da poboación.

          O núcleo de Mugardos queda fora do perímetro de perigosidade (1).

          Comparou a perigosidade da Planta de Gas co dunha autopista ou o AVE.

          Dende fai 10 anos os Grupos Políticos Galegos manteñen unha posición común favorable a este proxecto (2).

          Tachou de absurda a pregunta de si éles ubicarían a Planta no Porto Exterior.

          A Planta de Reganosa e o Proxecto do Porto Exterior, non se producen o mesmo tempo.

          A situación de monopolio impedíu a implantación en Galicia dunha regasificadora.

          Non se pode modificar a situación, dado as inversións realizadas (3).

          A reindustrialización de Galicia depende da Planta de Reganosa.(4)

          Sobre a limpeza das actuacións para levar adiante a planta de Reganosa e os “pelotazos económicos”: “Teño bastante documentación, e non e o momento de entrar nelo” “Non me corresponde defendelos”.

          Se fixeramos caso as movilizacións, non se faría ningunha infraestructura pública.

 

Non é caso agora de rebatir un por un todos os puntos, cuestión que xa temos feito moitas e moitas veces, pero puntualizando algunha:

 

(1)     .- ¿Se non hai perigo, para qué un Plan de Emerxencia?

(2)     .-  Por iso, os cargos públicos do PSOE e do BNG, hasta a formación do Goberno bipartito, apoiaban  e participaban nas manifestacións contra a ubicación da Planta, e o Congreso do PSOE de Ourense aprobou  unha resolución para ubicala no Porto Exterior.

(3)     .- E mellor defender as inversións económicas que a vida de milleiros de persoas.

(4)     .- E ¿de quen dependerá  nun futuro a Planta e a súa condición estratéxica para Galicia? ¿de Cataluña?, ¿de Rusia?  O que está claro é que a ameaza da Planta é so para os habitantes do seu entorno.

 

 Este Comité Cidadán de Emerxencia, segue e seguirá a exixir:

 

¡¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡!

Advertisements
Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán

Etiquetas: , , , ,

You can comment below, or link to this permanent URL from your own site.

One Comment o ““PLAN DE EMERXENCIA” artigo de Xoán Rubia”

  1. dan3 Says:

    He colocado un enlace en una mapa de denuncia de riesgos socioambientales que se acabe de crear. Si no os parece un entorno adecuado para esta denuncia hacedmelo saaber y lo retiro, http://meipi.org/nimby.meipi.php
    MI aviso en Twitter: http://twitter.com/daniel3/status/1134223004


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: