FERROL 4º CONCERTO DA CARAVANA DE GALIZA NON SE VENDE
O próximo sábado dia 7 de febreiro, a Caravana de Galiza Non Se Vende fai unha parada no Ferrol, cun pasaruas, polas ruas de Ferrol, desde as 19:00 e un grande concerto na Sala Run Run, ás 22:00. Actuarán os grupos: Vai (guitarra, acordeom e violino, músicas do mundo) e Deskartes band (Ska desde Ponteareas)
Por un cambio de rumo nas políticas ambientais e sociais deste país, o
domingo 15 de febreiro,
coincidindo co derradeiro concerto da Caravana, os 57 colectivos que formamos a rede de Galiza Non Se Vende convocamos unha
manifestación nacional en Compostela, que sairá ás 12:00 da alameda.
E terá o lema:
GOBERNE QUEN GOBERNE GALIZA NON SE VENDE
O 15 de febreiro tod@s a Compostela.
Explore posts in the same categories: Convocatorias Comité CidadánEtiquetas: concerto, ferrol, Galiza non se vende
You can comment below, or link to this permanent URL from your own site.
Deixar unha resposta