RIA DE FERROL, NO OLLO DO FURACAN. Artigo de Rafael Pillado

imgp0349

RIA DE FERROL, NO OLLO DO FURACAN. Artigo de Rafael Pillado

 

Publicado en Diario de Ferrol e Vieiros

 

O Conselleiro de Medio Ambiente, no seu paso por Ferrol o 27 de Xaneiro, anunciou o seu compromiso coa Ría declarándoa “zona sensible”. Sinalando ademáis, que a “bocana da Ría é moi estreita e os riscos da deteriorización das augas son maiores”. Engadía que a partires do ano 2009 poñerá en marcha “un plan de controis de verquidos, inspección e análise da Ría, que pretende diagnosticar os pequenos verquidos que poderían escaparse ós controles de maior envergadura”.

En outras circunstancias, poderíamos considerar esas declaracións como un paso positivo. Sen embargo, e paralelamente a esas declaracións, dous días despois, o 29 o Diario Oficial de Galicia recollía o anuncio de Reganosa para licitar a ampliación de capacidade de regasificación, multiplicando por dous e medio a actual capacidade.

Tal decisión supón varios e graves problemas:

1º.- Si a situación  actual é de degradación, na que se utilizan 300.000 toneladas diarias de auga da Ría para quentar o gas, e que volve  ó  mar moito máis fria, esterilizada e contaminada de cloro, con esa ampliación, pasaría a 600.000 toneladas por día.

2º.- O número de gaseiros que entrarían na Ría, pasarían dos actuales 36 o ano, a máis de 100, o que multiplicaría os riscos para toda a poboación.  E ninguén sabe que licencia e que tramitación medioambiental se fixo para que se autorice esa ampliación, nin tampouco se sabe cal foi a postura dos Conselleiros de Medio Ambiente e Pesca nesa decisión.

3º.- Por outra banda, en clara contradición coas declaracións feitas, esa Consellería otorgou a Forestal do Atlántico a Autorización Ambiental Integrada, rexeitando as alegacións de varias asociacións que mostraban os datos fraudulentos aportados pola Empresa. De tal xeito que se autorizou verter á Ría 351.475 toneladas diarias de augas residuais. E vexamos ademáis que, o proxecto de depuración da banda sur da Ría, que recorre dende Fene a Ares, deixa á marxe os verquidos de Forestal e Reganosa, que van sin depurar ó mar.

E aínda máis, o Presidente da Xunta, Sr. Touriño, o día 30 de Xaneiro anunciou que “Antes do remate da próxima lexislatura, nos anos 2011-2012, estarán saneadas as rías na súa totalidade”.

Nas circunstancias actuais, tanto o anunciado polo Conselleiro como polo Presidente, é imposible na Ría de Ferrol. Ou descoñecen a realidade, ou simplemente a ocultan. En calquera dos casos, é grave.

        A única forma de cumprir eses compromisos é sacando a planta de Gas de Reganosa do interior da nosa Ría. Si, nos gustaría que iso se fixera pola decisión dos dirixentes políticos galegos antes de que os tribunais e a presión cidadá o consigan.

        O Conselleiro terá que explicar esa contradición. E tamén ¿por que esa excepción con Ferrol? ¿En beneficio de quen?

        Incluso, o anuncio da creación de emprego no marisqueo galego, choca frontalmente coas tendencias na nosa comarca.

        Non nos cansaremos de repetir que, un sistema baseado na destrución do medio, como estamos a vivir, non ten futuro e se encamiña  a un grande fracaso.

        Por último, quixeramos saber onde quedou o argumento de que Reganosa é unha empresa estratéxica para Galicia. Porque é previsible que as decisións de Reganosa queden nas mans dunha empresa catalá ou aínda máis probable, dunha empresa italiana.

            Ver para crer.

Ferrol, 10 febrero 2009

Rafael Pillado

 

Advertisements
Explore posts in the same categories: Noticias / Novas

Etiquetas: , ,

You can comment below, or link to this permanent URL from your own site.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: