O noso “Parque Carmelo Teixeiro”
Coa unánime decisión plenaria do Concello de Ferrol que aprobou a denominación oficial de “Parque Carmelo Teixeiro” para o lugar anexo a ermida de Caranza, a iniciativa emprendida pola A. VV. “Ruíz de Cortázar” e a A.C. “Fuco Buxán” e apoiada por numerosas persoas, entidades e colectivos, acada un espazo público de lembranza e recoñecemento a personalidade de Carmelo Teixeiro Menéndez, na súa dimensión social, política, sindical, humana…
E tamén a súa loita, como primeiro Coordinador do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, na defensa da legalidade, do patrimonio laboral, cultural, medioambiental da nosa Ría e das nosas vidas ante a irresponsabilidade e a amenaza da Planta de Gas na súa actual ubicación.
A nominación deste Parque Carmelo Teixeiro, é un eslabón máis nesta loita, e un recoñecemento, de xeito inequívoco, a cantas persoas e entidades, seguindo o exemplo de Carmelo, e coa mesma determinación, estamos a proclamar:
¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !
Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán
Deixar unha resposta