Terremoto 2,6 Epicentro: MUGARDOS

 tmto-04

 
 
O pasado xoves 27, ás 19 horas producíuse, na comarca de Ferrol, un tremor sísmico de intensidade 2,6 na escala Richter, orixinado a 16 quilómetros de profundidade baixo as augas e cuxo epicentro sitúase na mesma boca de Ría.

A páxina web do Instituto Xeográfico Nacional ubica o epicentro en MUGARDOS, e sinala que malia a súa curta duración foi detectado con intensidade en diversos lugares dos concellos de Ferrol, Mugardos, Narón, Valdoviño, Cedeira, Arteixo, Oleiros e a propia cidade da Coruña.

Xa en abril do 2006, un terremoto de magnitude 5, cuxo epicentro localizouse 60 quilómetros mar dentro, fronte ao litoral norte coruñés, sentíuse especialmente en Ferrol e a súa zona de influencia.

Desde o Comité Cidadán de Emerxencia vemos con enorme preocupación este tema, xa que cunha Planta de Gas ubicada temerariamente no interior de nosa Ría, ao carón das nosas casas, de producirse un seismo de gran intensidade, cun epicentro próximo, os efectos devastadores sobre a poboación e sobre a comarca veríanse tremendamente multiplicados.

Un motivo máis para engadir á longa lista de ameazas desta Planta de Gas, e que reafirma a irresponsabilidade de cantos decidiron a súa ubicación e de cantos contribúen a mantela ao borde da nosa Ría.
Un motivo máis para seguir proclamando:

¡¡ PLANTA DE GAS FORA DÁ RÍA !!

Noticia en La Voz de Galicia

 

 

 

 

Advertisements
Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán

Etiquetas: , , ,

You can comment below, or link to this permanent URL from your own site.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: