Comparecencia do CCE ante o TSXG

dsc01017

 A Fiscalia do Tribunal Superior de Xusticia de Galicia citou na súa sede de A Coruña a unha representación do CCE, no dia de hoxe , Xoves dia 13, para ratificarse e presentar a documentación oportuna, relativa as irregularidades de Reganosa.

Adxuntase texto do documento a presentar:

 

Ferrol a 12 de Marzo de 2009

 

Fiscalia do tribunal superior de xustiza de galicia

Humberto Fidalgo Couce con D.N.I. … Vicepresidente de ADEGA (Asociación para la Defensa Ecolóxica de Galiza) Delegación de Trasancos e membro do Comité Cidadán de Emerxencia ,co enderezo a efectos de notificación ….. Ferrol. Manuel Angel Rodriguez Carballeira con DNI …. Coordinador do Comité Cidadan de Emerxencia e actuando na sua representación Expóñen :

 

outra-reganosa1Polo presente escrito queremos poñer no seu coñecemento que a instalación de unha planta de gas no interior da Ría de Ferrol, promovida pola sociedade “REGANOSA” obedece a un proceso continuado de corrupción.

Non acudimos a esta Fiscalía para dirimir un mero problema administrativo que somos conscentes ten os seus propios cauces. Acudimos, porque ó noso entender debe ter unha consideración penal todo o acontecido durante a tramitación,desenvolvemento e execución da planta de regasificación de “REGANOSA”.

Como paso previo a detallar as numerosas irregularidades ,resulta da máxima importancia coñecer que calquer planta de regasificación por pertenecer ó sistema gasístico, considerado unha actividade regulada, ten garantido polo Estado non só o 100% dos orzamentos senon que ademais o Estado garantiza ós promotores de calquer instalación gasística “necesaria” unha retribución financieira de ditos orzamentos así como os costes de operación e mantenemento da instalación (Ley de Hidrocarburos 34/1998 de 7 de Octubre y Orden ITC/3863/2007)

Polo tanto os consumidores do sistema son quen finalmente pagan a infraestructura ,o finanzamento da mesma e asumen os costes do mantenemento e operación incluso pagan os beneficios que ten garantidos por lei a sociedade promotora da instalación, sendo estos beneficios tanto maiores canto maior xustifiquen que foi o orzamento.Este dato é fundamental para interpretar o desenvolvemento dos acontecementos que van supoñer un constante saqueo ás contas públicas e ós consumidores por parte de “REGANOSA”.

 

Denunciamos que o Grupo Tojeiro, solicitante e promotor da planta de regasificación de “REGANOSA”, falseó a xustificación económica da planta de “REGANOSA” condición necesaria para que lle fose concedida a Autorización Administrativa. Según a solicitude presentada o seu grupo industrial tiña previsto consumir 500 millons m3/año de gas natural (equivalente a 5.810GWh = 0.5 b.c.m).Sin embargo durante os anos 2007 e 2008 anos que leva en funcionamento a planta, este grupo non realizou ningún consumo significativo.(Documento 9).

 

Denunciamos que a elección da ubicación, anexa ó complexo petroquímico de “Forestal del Atlántico” en Punta Promontoiro –Mugardos – realízase através da signatura dun Convenio de Colaboración confidencial entre o Presidente da Xunta de Galicia Manuel Fraga Iribarne e os socios de “REGANOSA”. Neste Convenio decídese secretamente a ubicación da planta de gas previamente a calquer Estudio de Impacto Ambiental nin de Avaliación de Riscos e donde o Presidente comprometese a garantir a súa viabilidade económica mediante a fórmula de axilizar tramitacións e subvencións (Documento 5 ). O compromiso así adquirido incumpre calquer tipo de procedemento administrativo.

(Este documento foi coñecido polo Comité Cidadan de Emerxencia no ano 2006 e sacado a luz pública.)

 

Denunciamos ante esta Fiscalía que a elección de esta ubicación de Punta Promontoiro en Mugardos xenerou unhas plusvalías ó Grupo Tojeiro de mais de 25 millóns de € pola cesión de unha concesión administrativa portuaria (Documento1) e a venda de unhos terreos a “REGANOSA”.

 

Denunciamos que os pagos realizados por “REGANOSA” a “Forestal del Atlántico” outra empresa do mesmo grupo industrial do presidente de “REGANOSA”, Roberto Tojeiro Diaz, no responden ós prezos do mercado; baste saber que por aquela misma concesión pagaba “Forestal del Atlántico” 146.572 € (Documento 3) e que “REGANOSA” adquiríu o 40% da mesma por 21.035.423 € .

Igualmente sucede con un terreo que rexistrou “Forestal del Atlántico” o día 6 de Marzo do 2001 con un valor de 285.480,75 € e que adquiríu “REGANOSA” 15 días despois por un importe de 4.429.459,21 € (Documento2).

É lóxico pensar que este extraordinario sobreprezo foi pagado pola sociedade mercantil “REGANOSA” coñecedora que estas cantidades lle van ser retribuidas posteriormente polo Estado.

 

Denunciamos que estos valores incrementados artificiosamente se incorporan no ano 2001 como activos da sociedade mercantil “REGANOSA”, distorsionando a contabilidade de esta empresa. ( Documento1).

 

Informamos que precisamente no mesmo día 23 de Marzo do 2001, data na que se realizan estas cuestionables compravendas e cesións,é cando a Xunta de Galicia entra no accionariado de “REGANOSA” con unha aportación de 600.000 € e con representación no consello de administración (Documento 4).

 

Denunciamos que a taxación de estos “activos” polo tanto da cuantificación do prezo a pagar polos terreos e a cesión de parte da concesión foi realizado por Jose Antonio Orza Fernández na sua función, por aquel entón, de Conselleiro de Economía e copresidente do Grupo de Traballo da “Asociación de Promotores para el desarrollo de la Planta de resificación de Galicia”.

 

Informamos que por estas mesmas datas se encontraba en avanzado estado de construcción o Porto Exterior de Ferrol e que o motivo da sua construcción non foi outro que o traslado hacia o mesmo de todos os tráficos molestos ou perigosos.

Neste novo porto “REGANOSA” podería dispor de concesións de ocupación portuaria cos cánones similares ós que disfrutaba “Forestal del Atlántico”.

 

Denunciamos que no mesmo tempo Jose Antonio Orza mantiña relaccións accionariais privadas co grupo Tojeiro simultaneamente a sua condición de Conselleiro de Economía. José Antonio Orza xa era titular de accións de “INTASA” por valor de tres millóns de pesetas, sendo esta empresa propietaria do 30% de “Forestal del Atlántico”, empresa vendedora dos terreos e beneficiaria das plusvalías. Ambalas duas empresas pertenecen o mesmo grupo empresarial (Documento 6).

 

Denunciamos que durante os 14 anos que José Antonio Orza Fernández foi Conselleiro de Economía e socio accionarial de Tojeiro, con anterioridad tamén tiña sido Secretario dos consellos de administración de tres sociedades do mesmo grupo, varias empresas deste grupo industrial recibiron axudas e subvencións que foron tramitadas ou xestionadas pola Conselleria de Economía (Documentos 6 e 7).

 

Denunciamos que a sociedade mercantil “REGANOSA” dende o ano 2004 ven empregando simultáneamente dous presupostos diferentes con un evidente ánimo de defraudar. Un dos presupostos o presenta para obter a aprobación por parte da Administración dos diferente proxectos ( Planta e gaseoductos) e pagar en función de esta cantidade os avais e licencias correspondentes. O outro presuposto considerablemente máis alto vai servir para xustificar posteriormente as retribucións que percibira do Estado por inversións realizadas no sector gasístico.

As diferencias entre ambos presupostos, entre os que presenta “REGANOSA”na sua contabilidade e os que son autorizados pola administración acadan a diferencia de 162 millons de €. Non podendo xustificarse esta enorme diferencia en función do incremento dos costes ou dificultade das obras, xa que no ano 2004 apenas se tiña iniciado a construcción da planta de gas e moito menos os gaseoductos. Téñase en conta que a licencia de obras da planta se otorgou no mes de xullo do ano 2004. (Documento 10 )

 

Hasta o dia de hoxe o Tribunal Superior de Xusticia de Galicia ten anulada a tramitación da planta de gas por non ter realizado o preceptivo Estudio de Impacto Ambiental (Sentencia TSXG 536/2004 do 23 de xuño e 606/2006 do 27 de xuño).Aínda máis recentemente o Tribunal Superior de Xusticia de Galicia anulou a modificación do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Mugardos que permitíu a instalación da planta (Sentencia TSXG. 311/2008 do 22 de Abril).

 

Solicitamos a esta Fiscalía que inicie as actuacións que procedan para depurar as responsabilidades penais que se podan derivar dos feitos denunciados

REGANOSA” é unha instalación ilegal, perigosa e innecesaria que supón un gravamen para todos os administrados, unha instalación innecesaria que a propia empresa cuantifica en 60 millons de € /ano durante os próximos 23 anos a cantidade con que será retribuida pola Administración o que vai supoñer 1.300millons de € a cantidade que vai sair do erario público para manter 40 traballadores “staff” incluido (Documento 10).

 

 

DOCUMENTACION ADXUNTA:

 

Documento 1: Depósitos de Contas de REGANOSA .Ano 2001

Documento 2: Certificacións do Rexistro da Propiedade de Pontedeume

Documento 3: Concesión Ocupación Dominio Público de “Forestal del Atlántico”

Documento 4: Certificacións do Rexistro Mercantil de A Coruña “REGANOSA”

Documento 5: Convenio de Colaboración 20 de xullo 2000

Documento 6: Certificacións do Rexistro Mercantil de A Coruña”INTASA”

Documento 7: Certificacións do Rexistro Mercantil de A Coruña,”IMEGASA”, “Forestal del Atlántico”

Documento 8: Informe da CNE sobre á Autorización Administrativa Previa para a instalación de unha planta de Recepción, Almacenamento e Regasificación de GNL en Mugardos.

Documento 9: Estudo comparativo entre os presupostos que constan autorizados polas administracións que estan publicados en Boletins Oficiais e os presupostos que constan nos Depositos de Contas de REGANOSA.

Documento 10: Retribucións fixas de “REGANOSA” según un grafico da empresa.

Asdo.  Humberto Fidalgo Couce      Manuel Angel Rodriguez Carballeira

 

Advertisements
Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán

One Comment o “Comparecencia do CCE ante o TSXG”


  1. […] texto completo do documento presentado podese mirar na páxina do comité. Enviada o Venres, 13. Marzo 2009 as 05:11 na categoría Novas, 1 Reganoxo, 1.1 Comité […]


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: