Día Mundial do Mediambiente en Ferrol

IMG_5096

A paralizacion da actividade da Planta de Gas de Reganosa e o seu desmantelamento, foi exixida na manifestacion convocada pola rede GNSV e o CCE no Dia Mundial do Medioambiente.

Onte Venres a rede GNSV da que forma parte o CCE celebrou o Día Mundial do Medioambiente en Ferrol. Centos de manifestantes  percorreron as ruas de Ferrol amosando o seu rexeitamento as agresións ao noso litoral, poñendo nomes e apelidos as entidades e grupos económicos que as promoven, parando ante cada unha delas ( Xunta, Fenosa, Caixa Galicia, Gadis, Caixanova, Banco Pastor. ) nas que representantes dos colectivos da rede denunciaron  as agresións concretas que promove cada entidade..

Cartaz-Roteiro-800A paralizacion da planta de gas de Reganosa e o seu desmantelamento estivo no centro das demandas exixidas as administracións publicas. Lembrouse, por parte do Coordinador do CCE,  o compromiso e determinacion para continuar coa loita emprendida fai nove anos, sinlando que seguen abertos todos os canles da loita (xuridica, politica, informatiova etc,) resaltando a mobilizacion social como imprescindible  para acadar a victoria. Ao final deuse lectura ao manifesto da rede GNSV.

 

Fotografías:   Album 1    Album 2

Programa especial de Rádio FilispiM

Ler o  Manifesto:

“Compañeiras e compañeiros: hoxe manifestámonos para denunciar os continuos ataques e agresións que soporta o noso litoral, ataques e agresións máis continuadas e voluminosas canto máis salvaxe é a especulación, froito dun  modelo económico baseado na depredación.

Para desgraza da nosa terra e de todas nós, todos os gobernos anteriores seguiron unha política “desarrollista” de explotación dos nosos recursos naturais para reducilos á mera condición mercantil. Os custes deste desenvolvemento económico externalízanse socialmente, provocando a destrución dunha natureza privilexiada como a galega. Con isto confunden o crecemento do Produto Interior Bruto co benestar social, cando as diferenzas sociais e a privatización dos servizos non fan máis que medrar.

O novo goberno empeza a súa andadura atacando a nosa lingua, tremendamente debilitada por séculos de agresións, falando de agasallar con diñeiro público ás grandes empresas privadas para tapar os buratos das súas pésimas xestións económicas e para que non perdan nada no seu volume de beneficios, e falan tamén de volver a construír na costa profundando aínda máis nesta política obsoleta, inxusta e depredadora dos nosos recursos.

A privatización do que sempre foi noso, coa venta da nosa costa, das nosas rías, dos nosos montes, dos nosos ríos, do Courel ou da Terra Cha, supón depredar o territorio físico común para mercantilizalo en proveito de só uns poucos. Os beneficios son para as grandes empresas, para os grandes capitais, pero os prexuízos ao medio ambiente, á paisaxe, e ao tecido económico e social pagámolos todos nós. Esta falsa modernización, fainos ser cada vez máis dependentes dos mercados globais, da agricultura e da pesca industriais, e é a mesma que obriga a abandonar a terra a milleiros de labregos e labregas, a desmantelar a pesca de baixura e o abandonar o marisqueo, afastándonos cada vez máis da Soberanía Alimentaria.

Esta política que consiste en arrincar das súas economías naturais aos pobos, ten como obxectivo destruír os coñecementos, os medios e xeitos de vida, para facernos cada vez máis escravos dos mercaderes globais. Por iso a loita polo territorio é unha loita pola supervivencia do noso xeito de vivir e do xeito no que queremos vivir.

Todas e todos xuntos temos que poñerlle freo á locomotora desbocada deste falso progreso; dos trens de alta velocidade contra os trens de proximidade, das piscifactorías contra a pesca tradicional, da ideoloxía dos megavatios e plantas de gas contra o consumo responsábel de enerxía, da proliferación de autoestradas contra o fomento do transporte público e doutros medios de trasporte como a bicicleta, do negocio  contra as prestacións sociais, das grandes superficies contra o comercio local ou as redes de troco.

Trátase en suma de camiñar cara unha nova mentalidade, unha nova cultura, que non vexa o medio natural como un conxunto de recursos dos que se pode quitar beneficio, senón como a nosa terra común da que todas e todos formamos parte e da que dependemos para ter unha existencia saudable e feliz.

Deste modelo depredador e obsoleto, xordo e cego, non se libra o litoral.

Dentro das rías constrúense recheos que estragan a súa grande riqueza; instálanse polígonos industrias sobre o terreo gañado ao mar ou en primeira liña de costa realizando desmontes; empresas e industrias verten os seus refugallos directamente ao mar xunto coas augas residuais urbanas, ás veces pasando por depuradoras deficitarias ou que non funcionan, contaminando as rías e facéndoas incompatíbeis coa pesca e o marisqueo; instálanse tamén aquí as industrias máis contaminantes e perigosas, como Reganosa ou Ence; promóvense piscifactorías nos lugares mellor conservados da nosa costa, artificializando con formigón o litoral e contaminando o mar con antibióticos para proveito de empresas transnacionais; privatízase o mar e a costa con portos deportivos a esgalla que decote levan aparellados proxectos urbanísticos especulativos; e tamén é aquí onde se produce a máis salvaxe especulación urbanística; onde se constrúen a meirande parte das irracionais infraestructuras de transporte; onde se destrúe a identidade dos pobos e vilas mariñeiras erradicando o noso patrimonio marítimo; onde máis se turistifica a nosa cultura e o noso territorio; onde se crean máis campos de golf arrasando grandes superficies de monte e contaminando con herbicidas; onde menos se respectan os espazos protexidos….

Non é necesaria, nin imprescindible a destrución do noso fogar común para acadar medios de vida, porque se así fora, estaríamos correndo camiño do suicidio colectivo.

O benestar colectivo non pode basearse na explotación das persoas nin da terra que habitamos. Este modelo caduco levounos a esta crise que todos padecemos. A saída dela non pode ser unha fuxida cara diante. Este modelo de “posta en valor”, de confundir valor e prezo, tenos levado a esta degradación sen precedentes, a esta crise civilizatoria da que vemos difícil saída. A esta cultura moral e material degradada que nos fai ser infelices.

Temos que pórlle freo a esta locomotora que está a avanzar queimando os seus propios vagóns nunha tola carreira cara ningures. Esta “valorización” do territorio ten que distinguir xa os bens de uso, os modos de vida, do espolio e despoxo da nosa terra. Vainos nisto a preservación do planeta e dos valores que queremos legar ás xeracións futuras.

Non podemos tolerar máis o intolerábel.

 

ESTE MODELO TEN ALTERNATIVA

DEFENDAMOS O LITORAL

GOBERNE QUEN GOBERNE

GALIZA NON SE VENDE

Advertisements
Explore posts in the same categories: Convocatorias Comité Cidadán

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: