A Concentración de hoxe polo 46º Gaseiro

IMG46_5329

Na concentración de hoxe, convocada polo CCE e motivada pola entrada na nosa ría do gaseiro “LNG OYO” que fai a número 46 dos que ilegalmente arriban a Reganosa, a máis de rexeitar este tráfico que pon en perigo as nosas vidas,  púxose de manifesto o seguinte:

A irresponsabilidade das Administracións, Autoridade Portuaria e Dirección Xeral da Enerxía, por consentir – a pesar das nosas advertencias – a repetida entrada de buques con capacidade superior aos límites por eles mesmos autorizados.

Asemade, a pretensión do Alcalde de Mugardos de acelerar o proceso de desmantelamento do xacimento romano de Caldoval, importante predio arqueolóxico, cuxa urxencia é facilitar a ampliación da Planta de Gas.

Esmérase o Sr. Barcia en resolver os intereses especulativos dunha empresa privada, cando a súa obriga como Alcalde é a defensa da legalidade e do patrimonio común de toda a cidadanía.

Confirmouse tamén a data para a III Marcha a pé a Mugardos que se celebrará o próximo 23 de xullo.

 ¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡

 Fotos da Concentración

Advertisements
Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán

Etiquetas: , ,

You can comment below, or link to this permanent URL from your own site.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: