O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convoca a III Marcha a Pé até Mugardos polo desmantelamento da Planta de Gas.
Unha vez máis unha marcha a pé, desde Ferrol até Mugardos, terá lugar o Xoves 23 de Xullo coincidindo co segundo aniversario do peche veciñal na casa do Concello de Mugardos, por parte da veciñanza de Meá que durou 111 días. Para lembrar esta mobilización de suma importancia na loita contra REGANOSA, o Comité Cidadán manten as marchas a Mugardos como unha acción máis contra o despropósito gasístico irracional e corrupto de REGANOSA que empobrece a Ría e ameaza a nosa vida e seguridade.
Chamamos a todos os colectivos, organizacións e persoas, para que difundan a convocatoria e unha vez máis está acción sexa todo un suceso. Polo que podedes baixar, dos Arquivos Ártabros, os cartaces a COR ou en B/N, para copiar e difundir:
Cartaz da convocatoria en B/N, formato PDF – Tamaño A3 – 2 M-: Baixar Cartaz da convocatoria a COR, formato PDF – Tamaño A3 – 3 M-: Baixar
Sairemos ás 5 da Tarde do Parque “Carmelo Teixeiro” en Caranza e remataremos no Parque dos Carneiros en Mugardos, onde a Asociación Veciñal “O Cruceiro” de Meá agardará con música, sardiñas, churizos, cervexa, viño, …
¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !
http://www.youtube.com/watch?v=RUbk2tDZgG0
Explore posts in the same categories: Convocatorias Comité Cidadán
Etiquetas: ferrol, Marcha a pé a Mugardos, Planta de Gas
You can comment below, or link to this permanent URL from your own site.
Deixar unha resposta