Exito na III Marcha a Pé a Ferrol-Mugardos

3A III Marcha a Pé Ferrol – Mugardos, partiu ás 5 da tarde de onte do Parque Carmelo Teixeiro de Caranza, chegando a Mugardos preto das 9 da noite.
Esta marcha Convocada polo CCE, en coincidencia do aniversario do peche en Mugardos da veciñanza de Mehá, ten por obxecto recordar a ilegalidade da Planta de Gas de Reganosa, o perigo permanente que supón a súa localización e o tráfico constante de gaseiros no interior da Ría.
Este acto, no que participaron varios centos de persoas, terminou no campo dos Carneiros de Mugardos con actuacións musicais (Faltriqueira, A Revolta de Trasancos, Satan e Coplan), liscos, chourizos e viño e sobre todo coa confraternización e goce de todos vos participantes.

Enlace ao album de fotos

album 2

 A Marcha nos medios de comunicación:

 El Correo Gallego     La Voz de Galicia       La Opinión Coruña 

A Nosa Terra                El Economista             Canal 31TV Ferrol

Diario A Coruna        Noticias-Terra             Colectivo Artabra21

Diario de Ferrol

 Ferrol Viernes 24 de Julio de 2009

 Marcha a pé ata Mugardos para rexeitar a planta regasificadora

 REDACCIÓN > FERROL

Cúmprense dous anos desde o peche que mantiveron máis de trinta veciños de Mehá no Concello de Mugardos para protestar pola proximidade de Reganosa ás súas casas. Os opositores á planta lembrárono onte cunha marcha a pé desde Ferrol e unha festa nun parque público, a varios centros de metros do complexo químico.

Os veciños de Mehá viviron no consistorio 111 días coas súas noites nunha acción reivindicativa que puxo o seu acento no perigo que representa a planta para as casas máis próximas. O Plan de Emerxencia Exterior, que se lles presentou como resposta ás súas inquedanzas, segue dous anos despois sen estar plenamente operativo, posto que aínda non se produciron os simulacros que, segundo é preceptivo, teñen que facerse na poboación circundante. De feito, ata hai poucos meses non se construíu a torre de sirenas que ten que dar o aviso.

Luz Marina Torrente, a portavoz dos veciños de Mehá durante aquel peche, comentou onte que a aplicación do Plan de Emerxencia Exterior limitouse a reunións cos profesores e con algunhas asociacións da vila. “Sabemos que en caso de accidente temos que poñer a Radio Galega, meternos na casa, tapar con cinta as ventanas, non tocar os interruptores e coller a linterna”, comentou Luz Marina Torrente, para quen o PEE non é máis que “un lavado de imaxe”.

Percorrido reivindicativo > Dous anos despois, o Comité Cidadán de Emerxencia de Ferrol organizou a terceira edición da Marcha a pé ata Mugardos “Polo desmantelamento da planta de gas”. Un cento de personas participaron no percorrido, de vinte kilómetros, desde Caranza ó outro lado da ría. A camiñata tomou a saída ás cinco da tarde no parque Carmelo Teixeiro, que leva o nome de que foi durante anos o líder do movemento de oposición a Reganosa, e rematou, en torno ás oito, no parque dos Carneiros de Mugardos, a varios centos de metros da regasificadora e xusto enfronte do porto de Curuxeiras, en Ferrol, onde o Comité fixo decenas de caceroladas para recibir ós metaneiros que veñen descargar.

Os veciños de Mehá recibiron ó grupo de camiñantes cunha animada festa, na que houbo chourizos e liscos, e que contou coa actuación de varios grupos de música, entre eles as pandereteiras de Faltriqueira.

Por outra banda, o Comité Cidadán de Emerxencia segue coas xa cotiás convocatorias de protesta ante cada chegada dun buque gaseiro á planta mugardesa. A entidade convoca unha nova concentración para hoxe, ás oito da tarde, diante do edificio da Xunta de Galicia, na praza de España.

Advertisements
Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán

Etiquetas: ,

You can comment below, or link to this permanent URL from your own site.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: