EU : O Plan de Emerxencia ferrolán e a Planta de Gas

Eu-iuINFORMACIÓNS  DO   GRUPO MUNICIPAL    DE ESQUERDA UNIDA                                                 

  Ferrol, 19 de outubro  de 2009

  O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA  ACHEGOU UNHA SERIE DE CONSIDERACIÓNS  PARA MELLORAR O PLAN DE  EMERXENCIA MUNICIPAL

ESQUERDA UNIDA DEFENDE QUE SE RECOLLA  NO PLAN DE EMERXENCIAS UN PROTOCOLO DE ACTUACIÓNS  SOBRE A PLANTA DE GAS DE REGANOSA

  OUTRAS DAS APORTACIÓNS DO GRUPO MUNICIPAL DE EU XIRAN SOBRE O CONTROL DA  RADIACTIVIDADE DOS  RESTOS DE CHATARRA, AS ROTURAS DOS TUBOS DE FIBROCEMENTO E OS RISCOS DO  AMIANTO  DERIVADO DAS DEMOLICIÓNS

     O Grupo Municipal de Esquerda Unida   achegou toda unha batería de consideracións para mellorar as previsións consignadas no proposta de Plan de Emerxencias que  foi  hoxe presentado na Comisión de Seguridade Cidadá.

    Javier Galán, nunha primeira  aproximación ao Plan,  defendeu – para colmar os baleiros e insuficiencias do devandito plan de emerxencias –  que na proposta  se recollan toda unha serie de circunstancias que non aparecen consignadas no Plan de Emerxencias e que a nosa organización entende que son indispensables para concluír un Plan de Emerxencia local mellorado.

     En particular, Javier Galán fixo fincapé na necesidade de incorporar no Plan de Emerxencia local o protocolo de actuacións  sobre a planta de gas de Reganosa, que aínda non estando sita na nosa localidade ten un impacto certo sobre nós. O concelleiro defendeu que aínda que se recolle na ordenación da Xunta de Galicia este protocolo, semella necesario que tamén no ámbito local se recollan as prescricións de seguridade necesarias, máis  cando o emprazamento da planta incumpre as esixencias securitarias da Unión Europea.

    Tamén se avanzou  polo noso Grupo Municipal que hai outras consideracións  que faltan neste primeiro texto do Plan de Emerxencias: Javier Galán puxo enriba da mesa a cuestión do transporte dos residuos con radioactividade que no seu tránsito non están controlados; e salientou tamén o risco da rotura dos tubos das conducións de auga vellas , feitas  de fibrocemento, e o que atinxe ás demolicións e derrubamentos das edificacións que conteñen  amianto.

    O noso Grupo Municipal agarda que as suxestións achegadas  sexan recollidas e tidas en conta polo  Goberno Municipal para a redacción definitiva do Plan de Emerxencias.

Advertisements
Explore posts in the same categories: De amigos

Etiquetas: , ,

You can comment below, or link to this permanent URL from your own site.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: