O CCE ante o II Seminario Seveso, en Santiago.

pg111

Os próximos días 26 a 28 de outubro, na sede de FEUGA (Fundación Empresa -Universidade Galega), en Santiago de Compostela, celebrarase o II SEMINARIO SEVESO, no que participarán entre outros, profesionais da seguridade industrial e técnicos estatais, municipais e autonómicos, para tratar problemas detectados na implantación da normativa, as solucións adoptadas e as perspectivas de futuro que se prevén.

 Na organización destas xornadas colabora, entre outras empresas e institucións, FORESTAL DO ATLÁNTICO e REGANOSA, establecidas no Concello de Mugardos. Empresas ámbas que incumpren flagrantemente a Lei Seveso, e cuxa perigosa localización vén denunciando desde hai unha década este Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.

Por este motivo, o luns 26, unha delegación deste Comité Cidadán de Emerxencia estará presente ao comezo do Seminario, para facer entrega, a todos os participantes, do comunicado que segue:

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

  Comitecidadan@gmail.com   www.comitecidadan.org

 Diante a convocatoria dun seminario sobre a Lei SEVESO a celebrar en Santiago de Compostela os días 26 a 28 de Outubro, queremos manifestar o seguinte:

1.- A razón fundamental da promulgación desta lei non é outra senón a protección da vida humana. Dous accidentes graves con victimas ocorridos nas plantas de FLIXBOROUGH (Reino Unido, 1974) e en SEVESO (Italia, 1976) provocaron a decisión da Unión Europea de desenvolver unha lexislación dirixida á prevención e control de accidentes graves e á prevención do efecto dominó entre instalacións próximas. A primeira Directiva 82/501/CEE foi promulgada en 1982 (coñecida como SEVESO I).

Accidentes como BHOPAL (India, 1984) con 2500 mortos e 50.000 feridos, San J. IXHUATEPEC (México, 1984) con 452 mortos e 4284 feridos, Os Alfaques (España,  1978) con 216 mortos e 200 feridos, Tacoa (Venezuela, 1982) con 145 mortos e 1000 feridos, entre outros, fan que a UE revise o alcance desta Directiva, incorporando accións sobre o medio ambiente, control de riscos e de accidentes, e aparece a Lei SEVESO II. Esta Directiva 96/82/EC entrou en vigor o 3 de Febreiro de 1997. En España  trasponse esta normativa Comunitaria a través do Real Decreto 1254/1999, de 16 de Xullo.

Realmente existe un antes e un despois da promulgación deste Real Decreto no que se refire á filosofía ata o momento aplicada. Ata esa data, aparte doutras leis específicas para actividades industriais concretas, o marco legal español quedaba enmarcado polo Regulamento de actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas (RAMINP), Decreto 2414/1961, de 30 de Novembro, actualmente derogado. Nesta lei a filosofía era “minimizar” -en primeiro lugar- os efectos que a normal actividade dunha industria xeraba na súa contorna e si se prevía algunha afectación en caso de accidente, polas “medidas correctoras” adecuadas que minimizasen eses efectos. Así clasificaba unha serie de industrias e determinaba un afastamento de 2 Km (Art. 4), que para algunhas actividades pode ser suficiente, pero non para outras.

 A lei SEVESO II vai moito máis alá, plantexando que si do estudo previo dos posibles riscos de accidentes, conclúese que os efectos poideran alcanzar unha distancia maior, a instalación deberíase afastar mesmo a mais distancia do 2 km antes fixados. Deste xeito se tenta evitar os danos a persoas ou ao medio, adaptando a distancia de seguridade ao risco e ás consecuencias reais que puidese ter unha determinada actividade. Así o estudo dos riscos e as súas consecuencias é un dos puntos máis importantes á hora de tomar a decisión sobre a localización dunha actividade industrial.

2.- Empresas que patrocinan este Seminario, como Forestal do Atlántico e a Regasificadora de gas natural licuado –Reganosa- incumplen a lei Seveso II. O modo en que se convoca e os temas que teñen previsto tratar, mais que servir de foro onde se destaquen os aspectos mais importantes que se deben ter en conta para a correcta aplicación da lei Seveso, parece unha reunión de amigos para poñer en común os artificios, trucos e manipulacións da información, tanto á sociedade como ás administracións que lles permitan sortear os diferentes requisitos que esta lei impón a empresas especialmente perigosas como as dúas arriba indicadas.

Estas empresas, xunto con outra do mesmo grupo -Imegasa- , tamén afectada pola lei Seveso, están a carón das poboacións de Mugardos, Seixo e Ferrol nun radio inferior a 2 km (ver Foto) e  todas as súas instalacións comprendidas nun radio de 600 m. (ver Foto). Entre outras dous tanques de gas natural licuado con 300.000 m3 de GNL, tanques almacén cun  total de 270.000 m3 de hidrocarburos, outros tanques con 1200 m3 de formol, 75 m3 de metanol, 3.258 m3 de colas e derivados de urea, central de coxeneración de 25 Mw, caldeira de valorización de residuos de 6.000.000 kcal/h.

Sorprende o estudo de riscos presentado polas tres empresas que conclúe dicindo que non hai posible efecto dominó entre elas, cando o artigo 8 da lei deixa ben claro que unha instalación afectada é susceptible de causar ou sufrir efecto dominó con outras próximas e mais cando as dúas empresas lindeiras, están afectadas á súa vez, por esta mesma lei. Semella unha broma que a empresa Reganosa presente como un elemento de seguridade aparcar os coches de cara á porta de saída, cando esta porta está lindeira coas instalacións de Forestal e para saír ao exterior os coches deben atravesar entre os tanques e intalaciones desta última empresa.

3.- Algúns puntos destacados desta lei –aparte do xa mencionado efecto dominó- son :

 i) Elaboración dun informe de seguridade (artigo 9) consistente nun estudo exhaustivo de riscos (incluídos os de menor probabilidade si teñen alto risco para a vida humán) para determinar a distancia ó núcleo de poboación mais próximo á que se pode instalar determinada empresa. Este estudo debe ser anterior á toma da decisión dunha localización concreta, posto que do alcance dos diferentes supostos é o que vai determinar a distancia segura para a vida humán. No caso de Reganosa fíxose despois de ter a licenza de obra para un sitio concreto. Deste estudo “maquillado” en que se refugaron algúns posibles accidentes por “improbables”, confundindo con “de baixa probabilidade” concluíron que a distancia de intervención era de tan só 173 m e 213 m para a zona de alerta, mentres que na planta de Bilbao, de tecnoloxía similar á de Reganosa e para o mesmo tipo de accidente (rotura total tubaxe de descarga de GNL a tanques) a distancia de intervención e de 1467 m e unha zona de alerta de 3049 m.  10 veces maior !!. ¿Como se explica esta diferenza? ¿Será que en Bilbao non hai vivendas tan próximas como en Mugardos?.

 ii) Obrigación de consultar á poboación (punto 6 do artigo 11): “Os organos das comunidades autónomas establecerán mecanismos de consulta á poboación que puidese verse afectada”. No caso de Reganosa, esa consulta non tivo lugar nunca.

iii) Obrigación de informar á poboación e entidades (artigo 13): “a autoridade competente, en colaboración cos industriais, que todas as persoas e todolos establecementos abertos ao público que poidan verse afectados por un accidente grave, reciban con regularidade e na forma mais apropiada, sen que teñan que solicitalo, a información sobre as medidas de seguridade que deben tomarse e sobre o comportamento que debe adoptarse en caso de accidente” . Na realidade de Reganosa, tan só despois dun peche dos veciños no Concello de Mugardos durante 3 meses, as autoridades accederon a informar o plan de emerxencia que xa elaboraran e aprobaran sen consultar nada. Fixense ben na frase subliñada “Sen que teñan que solicitalo” e só despois do peche de máis de tres meses.

Tanto mais irregular é o caso de Forestal e Imegasa xa que, a data de hoxe, aínda non se informou á poboación dos riscos asociados e das súas consecuencias. O Plan de Emerxencia está  dispoñible pero só si un ten verdadeiro interese en buscalo na web de Protección Civil da Xunta. Isto contraven o previsto no artigo 13 cando di: “reciban con regularidade e na forma mais apropiada, sen que teñan que solicitalo”.

Tamén insiste en algo relacionado o apartado 2 do artigo 8, referente ás obrigacións do industrial: “Tomen as medidas necesarias para garantir a cooperación na información á poboación e na subministración da informacion á autoridade competente para a elaboración dos plans de emerxencia exterior”

A poboación que pode verse afectada resúmese no seguiente cadro:

 

  Población agrupada ao redor da situación de Reganosa
  Radio 2 km (RAMINP) Radio 3 km (por radiación  térmica evapores inflamabeis)
Concello Nº vivendas Nº habitantes Nº vivendas Nº habitantes
Ferrol

1.200

2.400

16.700

33.400

Mugardos

1.360

4.243

1.696

5.495

Ares

12

34

44

125

Fene

0

0

28

82

TOTAL

 

6.677

 

39.102

 A modo de exemplo as sireas de aviso, contempladas no Plan de Emerxencia Exterior instaláronse en marzo de 2009, cando a actividade da planta comezou en maio de 2007, case dous anos antes, coas probas das instalacións e cos tanques cheos de gas desde esa data.

 A modo de conclusión propóñemoslles a todos os asistentes que no canto das visitas que teñen previsto realizar aos Pazos nos arredores de Compostela, a visita guiada por Santiago e a cata de viño, acheguense ata a Ría de Ferrol para ver directamente “in situ” a barbaridade cometida en Punta Promontoiro de Mugardos e que se mantén no tempo grazas ao consentimento das Administracións: local, autonómica e estatal.

Así poderán comprobar se nisto consiste a correcta aplicación da lei Seveso.

Santiago de Compostela a 26 de Outubro de 2009

Advertisements
Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán

Etiquetas: , , ,

You can comment below, or link to this permanent URL from your own site.

One Comment o “O CCE ante o II Seminario Seveso, en Santiago.”


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: