O Tribunal supremo anula os recheos do porto de Marín

reganosa12575113681048810398

O Alto Tribunal da á razón á Plataforma dos Praceres considerando ilegal os recheos de trinta hectáreas no porto de Marín.

Xunta, Deputación e Autoridade Portuaria, son condenadas a restablecer a zona á súa anterior situación e estado.

A sala recrimina a falta dun Estudo de Impacto Ambiental nunha zona de alto valor ecolóxico como a ría.

Neste sentido, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, considera que esta sentenza supón un precedente xurídico moi importante e confía en que o Tribunal Supremo  dite similar resolución sobre a Planta de Gas de REGANOSA en Mugardos, tendo en conta que ésta carece asi mesmo de Estudo de Impacto Ambiental, tal como este Comité leva anos pondo de manifesto e foi confirmado polas sentenzas do TSXG, pendentes naquel Alto Tribunal polos recursos interpostos por parte dos promotores e a Xunta de Galicia

 A nosa felicitación a Plataforma dos Praceres pola súa loita de oito anos que agora vese reconfortada co triunfo da razón.

EL PAIS                    COPE                LA VOZ DE GALICIA

 ¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡

Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán

Etiquetas: , , , ,

You can comment below, or link to this permanent URL from your own site.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s


A %d blogueros les gusta esto: