Nova agresión ao local da A. VV. de Mehá

denuncia-3

Nota de Prensa do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

 A Asociación de Veciños “O Cruceiro” de Mehá, na tarde do martes 10 de Novembro, presentou denuncia ante a Garda Civil de Mugardos, por unha nova agresión sufrida dentro do seu propio local, situado na travesía dá Pedreira.
Persoa ou persoas descoñecidas accederon ao local e plantaron lume á documentación alí gardada, relativa á Asociación e ao Comité Cidadán de Emerxencia, do que forma parte.
A chegada dunha das socias impedíu que o incendio tomase maior envergadura.
Non se notou en falta nada do alí gardado, o que vén demostrar que o obxectivo da agresión era destruír a documentación citada.
O día de onte, este Comité Cidadán de Emerxencia, facía pública a súa satisfacción pola resolución do Tribunal Supremo, favorable ao recurso interposto pola Plataforma dos Praceres, ordenando a reposición ao seu estado natural do recheo do porto de Marín, por carecer de Estudo de Impacto Ambiental.
Asi mesmo, este Comité, espera similar resolución respecto da Planta de Gas de Reganosa, en Mugardos, que carece tamén de Estudo de Impacto Ambiental, tal como sinalan nas sentenzas do TSXG, recorridas pola Xunta ao TS., ademáis, neste caso, do gravísimo perigo que a súa localización supón, para as persoas, os postos de traballo, os bens e o sistema ecolóxico da súa contorna, que continuamente vimos denunciando.

Advertisements
Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: