LNG FINIMA: 2º intento fallido

finimasab

Por segundo día consecutivo, o LNG FINIMA, tivo que desistir de facer a súa entrada á Ría de Ferrol, por mor da forza do vento.
Prevista a súa entrada para a marea do mediodía de onte venres e tras aproximarse á bocana da ría, tomou rumbo norte pasando a noite a moitas millas de cabo Ortegal.
Esta mañá volveu aproximarse para tentar a posibilidade de entrar na pleamar de hoxe (14,35 h.), pero unha hora antes, a unhas 8 millas do porto exterior, atopándose cun vento de 19 N F5, variou o seu rumbo ao noroeste, afastándose considerablemente, á espera de que a marea de mañá domingo (15,17 h.) permítalle chegar a Reganosa.

O emprazamento (só polo interese e o lucro duns poucos) da Planta de Gas no interior da ría, e a angosta canle que deben cruzar os buques para chegar a ela, ocasiona, ademais dos gravísimos riscos, un custo engadido que soportan os usuarios do gas e todos os cidadáns. Situación que non se daría de estar situada a Planta cerca do mar aberto.

 ¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡

Advertisements
Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán

One Comment o “LNG FINIMA: 2º intento fallido”


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: